O BNG denuncia que o plan de teledocencia da Xunta "descarga nos centros" as responsabilidades

A formación nacionalista tamén avoga por implantar un sistema de alerta temperá nas granxas de visóns para evitar contaxios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2020 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

O deputado do BNG Manuel Lourenzo critica a "improvisación" da Consellería de Cultura, Educación e Universidade co plan de teledocencia fronte á COVID-19 presentado este luns, porque "descarga nos centros" unha responsabilidade que compete á Administración.

A través dun comunicado tras a rolda de prensa na que o conselleiro Román Rodríguez detallou o contido do plan, o Bloque táchao de "nova labazada á comunidade educativa", que se ve "obrigada" a presentar unha adaptación de horario en sete días --desde a publicación dunha resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG)-- que "a Xunta non elaborou en sete meses".

Neste sentido, Manuel Lourenzo lembra que hai máis de 1.000 casos activos de COVID-19 en colexios, institutos e gardarías, ao que sumou que o profesorado está "desbordado". "A Xunta non fixo os deberes", asegura. Para o portavoz educativo do BNG, o Goberno galego "continúa improvisando", xa que a Consellería "non presentou nin unha liña deste protocolo" que é "un insulto" á comunidade docente.

Este proceder confirma, segundo as súas palabras, o "nivel de irresponsabilidade" do departamento de Román Rodríguez e o "deixamento" da Xunta ante a situación xerada pola pandemia.

Aula. EUROPA PRESS
Aula. EUROPA PRESS | Fonte: MARÍA JOSÉ LÓPEZ - Arquivo

GRANXA DE VISÓNS

Por outra banda, o BNG propuxo este luns implantar un sistema de alerta temperá nas granxas de visóns existentes en Galicia para evitar contaxios da covid-19 tras coñecerse brotes en granxas dos Países Baixos, Dinamarca, Suecia, Estados Unidos e España.

Así o reclamou en varias iniciativas rexistradas na Cámara galega o deputado nacionalista Luís Bará, que sinala que este método se utiliza nos Países Baixos e consiste na realización de test RT-PCR semanais a varios cadáveres dos animais en cada unha das explotacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta