Morre un traballador tras un accidente co guindastre que manexaba no Porto de Marín

Por E.P. | PONTEVEDRA | 03/11/2020 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Un traballador faleceu na mañá deste martes nun accidente laboral rexistrado co guindastre que manexaba no Porto de Marín. Así o informou o 112, que sinalou que o equipo sanitario desprazado non puido facer nada por salvarlle a vida tras este accidente laboral, ocorrido sobre as 11,30 horas.

Á zona o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital avanzado cuxo persoal confirmou o falecemento do home M.A.F.M., de 61 anos de idade, indicaron a Europa Press fontes sanitarias. Ademais de persoal do 061 acudiron ao lugar axentes da Garda Civil e da Policía Local para aclarar as circunstancias deste sinistro.

Porto de Marín
Porto de Marín | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta