O PSdeG pide a Xunta que dea a cara polos "contaxios masivos" nas residencias de Ribadavia e Cervo

Reclama que se aumente o persoal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2020 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, reclamou á Xunta, a través dunha batería de iniciativas parlamentarias, que responda na Cámara da súa xestión nas residencias de Ribadavia e Cervo, "as últimas nas que se rexistraron contagios masivos" nas últimas xornadas.

Ao seu xuízo, os protocolos "están a fallar" e, en consecuencia, esixe información sobre os mesmos e os "parámetros obxectivos" seguidos para a toma de decisións nestes centros. Así mesmo, urxe á Consellería de Política Social a "tomar medidas" para "garantir o aumento no cociente de persoal" dos centros de forma inmediata, e axilizar un protocolo que permita illar do propio centro "con moita brevidade" aos positivos detectados.

A responsable socialista insiste en pedir información e remarca que, na primeira onda, o maior impacto da pandemia sufríronos as residencias. Ademais, advertiu que "a porcentaxe de contaxios foi maior naqueles centros de atención residencial de carácter privado e cun maior número de ocupación" e concluíu que é preciso abordar a situación "de forma transversal e coordinada".

A secretaria de Políticas Sociais do PSdeG, Mariña Ortega. PSDEG - Arquivo
A secretaria de Políticas Sociais do PSdeG, Mariña Ortega. PSDEG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta