A Xunta di que Plan de ensinanza virtual traerá "tranquilidade" ás familias

A Xunta mantén o prazo de 7 días para que os centros presenten horarios "espello" e asegura que "é practicamente replicar o horario presencial"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2020 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez, defendeu que "non se improvisa" co Plan de ensinanza virtual presentado pola Xunta, un documento que busca "organizar" o proceso educativo en caso de corentenas e "traer tranquilidade" ás familias. Responseu así ao ser preguntado polas críticas de sindicatos que denuncian "improvisación" e "présas" por parte da Administración,

Así, tras lembrar a aprobación do protocolo xeral e do plan de continxencia, sinalou que a posta en marcha do horarios espello quere "dar certezas, estabilidade e orde" ao proceso educativo de forma que "un alumno e a súa familia teñan de forma precisada unha rutina educativa" e "saiban con anterioridade o que teñen que facer no proceso de aprendizaxe".

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no pleno
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, no pleno | Fonte: XUNTA

A pesar desexar que "non sexa necesario aplicar este plan", advertiu de que, "no caso hipotético de que haxa que tomar medidas moi complexas e non desexadas", hai que "estar preparados", xa que "isto vai xerar moita tranquilidade nas familias e vai crear un marco estable no proceso de aprendizaxe". 

Román Rodríguez, que se mostrou convencido de que a "inmensa maioría do profesorado" é "consciente" da importancia que ten esta relación co alumno, considerou que, ao final, "daranse sete días para que os centros presenten as súas propostas de horarios espellos" que, segundo indicou, "ao final é practicamente replicar o horario presencial no virtual".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta