O BNG ameaza con votar en contra do PGE por discriminar "gravemente" Galicia

Néstor Rego denunciou o "déficit histórico" en infraestruturas ferroviarias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2020 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, cualificou de "insuficientes" os investimentos en infraestruturas previstas para Galicia e ameazou con votar en contra dos Orzamentos Xerais do Estado por discriminar "gravemente" a comunidade.

Así o trasladou durante a súa intervención na Comisión de Transportes e Mobilidade, na que denunciou o "déficit histórico" en infraestruturas ferroviarias e o estado "calamitoso" no que se atopan algunhas liñas.

Entre outras cuestións, censurou que o Estado non prevé partidas para a liña A Coruña-Lugo nin para conexión ferroviaria co porto exterior nin para FEVE, e ironizou coa previsión "ridícula" para a variante de Ourense, con 29 millóns sobre un total de 636 en que está orzada esta obra.

Tamén se referiu á autovía A-54 entre Santiago de Compostela e Lugo, que leva tres décadas desde que se iniciase e que é necesario concluír por ser "clave para estruturar" o territorio.

Néstor Rego, deputado do BNG. BNG
Néstor Rego, deputado do BNG. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta