A nova e perigosa contaminación que ameaza as augas de Galicia e Portugal

Detectan 3.200 contaminantes químicos, farmacolóxicos e pesticidas nas augas de Galicia e do norte de Portugal. Un equipo interdisciplinar de instititucións galegas e lusan buscan métodos para tentar mitigar este tipo axentes que son difíciles de detectar.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 27/11/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

As augas das concas hidrográficas de Galicia e do Norte de Portugal ocultan novos contaminantes. Contamintantes, nalgún casos moi perigosos, procedentes do saneamento público de concellos e grandes cidades que son difíciles de depurar e que acaban no mar. De feito, un equipo interdesciplinar de investigadores, no que participan oito institucións galegas e lusas, atopou ata 3.200 destes axentes contaminantes emerxentes.

Plásticos no mar
Plásticos no mar | Fonte: NOAA.

Os contaminantes emerxentes son compostos "aínda pouco caracterizados" e habitualmente liberados nos ecosistemas de forma indiscriminada. Entre estes axentes contaminadores están fármacos, produtos de uso persoal, pesticidas e químicos industriais que non son totalmente procesados nas plantas depuradoras (Edar).

Para identificar estes contaminantes emerxentes e desenvolver novas tecnoloxías para mitigalos creouse a rede interdisciplinaria Nor-Water que quere converterse nun foro de colaboración público-privado sobre contaminantes emerxentes na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A idea sobre a que vira esta iniciativa é a de poder intercambiar coñecementos, identificar necesidades e prioridades, e avanzar nas capacidades de detección, control e mitigación deste tipo de contaminantes e do seu impacto nos ecosistemas e na saúde pública.

"Queremos facer unha caracterización detallada dos contaminantes emerxentes e das súas fontes nos cursos de auga das dúas rexións", destaco investigador Miguel Santos, do Centro Interdisciplinar de Investigación Mariña e Ambiental (Ciimar) da Universidade do Porto, e a entidade coordinadora deste proxecto, financiado polo programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP). "Sabemos que os contaminantes emerxentes son problemáticos para a saúde dos ecosistemas e para a saúde humana", engadiu. 

"RISCO PARA A SAÚDE"

"Por tanto, son químicos que aínda non están regulamentados, mais que se pensa que poida existir un risco para a saúde dos ecosistemas e dos humanos", afirmou o investigador en declaracións á Axencia Lusa, destacando que o proxecto vai no camiño da Directiva Cadro da Auga da Unión Europea. "Esta directiva, alén de identificar un conxunto de químicos que teñen que ser notificados, ten unha lista de químicos que deben ser monitorizados, unha vez que aínda se coñece pouco, mais hai evidencias de que poden ser bastante tóxicos", sinalou.

Unha pequena marea vermella non tóxica preto da illa de Toralla, en Vigo
Unha pequena marea vermella non tóxica preto da illa de Toralla, en Vigo | Fonte: Centro Oceanográfico de Vigo

Alén da identificación e caracterización destes compostos, os investigadores pretenden mitigar a súa presenza e, para tal, están a desenvolver novas tecnoloxías que poidan ser aplicadas nas estacións de tratamento de auga. As solucións teñen esencialmente como base "métodos avanzados de oxidación" por forma a "provocar a degradación destes compostos e transformalos en produtos menos tóxicos".

VARIAS ENTIDADES IMPLICADAS

A Rede Nor-Water creouse con vocación de expansión e continuidade máis aló do consorcio actual e da vida do proxecto e conta cun orzamento de 579.475,40 euros. Ademais do CIIMAR,nel participan a USC; a Consellería do Mar a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) e do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar); a  Agência Portuguesa  do Ambiente, a  Administração da  Região Hidrográfica  do Norte; as cámaras municipais de Viana  do Castelo (Centro  Monitorização e  Interpretação  Ambiental) e Vilanova de Cerveira ( Aquamuseu do Río Minho); e o Laboratorio Asociado  LSR-LCM (Laboratório de Processos  de Separação e Reação- Laboratório de Catálise e Materiais) da Universidade de Porto. 

Coa intención de que o proxecto, que termina en Maio de 2022, se "perpetúe alén do seu tempo de vida·, as oito entidades crearon unha rede de colaboración público-privada para a detección, control e mitigación destes contaminantes. "O obxectivo desta rede é pór en contacto todas as entidades que teñen interese nesta área, de forma a permitir que novas tecnoloxías e abordaxes fagan que augas desta rexión acaden un nivel ecolóxico e calidade química mellor da que a teñen actualmente", destacou Miguel Santos.

 

Os impulsores deste proxecto contemplan actividades de educación e sensibilización así como accións para promover a transferencia dos resultados ás administracións competentes e ás empresas tecnolóxicas a cargo da depuración de augas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Por se a alguén da Rede Nor-Water lle interesa o tema das Depuradoras en Vigo https://twitter.com/00Gamela/status... Claro que a Universidade non soe sair dos temas particulares, e supoño que non teñen intención de meter o nariz no cerne da cuestión ! O negocio escuro do Saneamento en Galicia (?)

2 Gamela

Corrección de Erros / A EDAR do Lagares construida por OHL - Certificada por ACUAES - e Conveniada por Augas de Galicia / Xunta / Concello de Vigo / tivo un coste real de 230 Millons ! O que ninguén sabe é cales son os resultados desta inversión descomunal (?) E hoxe está en mans do Concello de Vigo (así que podedes esquecer calquer información)

1 Gamela

Deséxolles mellor fortuna que a que tiven eu cando preguntei polos ÍNDICES de depuración real da macrodepuradora EDAR Lagares en Vigo ! Tódolos correos remitidos a Augas de Galicia nin siquera recibín un mísero acuse de recibo. Un catedrático da USC tivo a ben respostar dicindo que estaba invitado a semana seguinte para visitar a EDAR (inauguración oficial) pero que calquera dato sobre Indices de Depuración el non tiña acceso a eles... etc. etc. etc. En fin SILENCIO TOTAL para agochar un negocio estupendo (800 Millons en Formigón!) pero ninguén coñece a "merda" que bota polo emisario submarino (?) Ogallá este proxecto sexa quen de averiguar o que todos deberamos coñecer sen gastar tempo nin cartos ! Eso da Transparencia levouna o vento !