O 'E-coli' pódese transmitir de mascotas a humanos

Veterinaria ve "limitada" a transmisión de cepas patóxenas de ‘E.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2020 | Actualizada ás 09:40

Comparte esta noticia

Un estudo pioneiro a nivel mundial desenvolvido en Lugo polo Laboratorio de Referencia de ‘E. coli’ da Facultade de Veterinaria da USC, dirixido polo catedrático de Microbioloxía da USC Jorge Blanco, xunto con diversos centros hospitalarios e de investigación; constatou que a transmisión de 'E. coli' de mascotas a persoas é posible, pero “limitada”, segundo amosan os resultados recollidos nun artigo publicado no último número da revista científica Microorganisms.

Perro en adopción protectora de animales málaga abandonado can animales
Perro en adopción protectora de animales málaga abandonado can animales

A investigación do Laboratorio de Referencia de ‘E. coli', que analiza os xenomas das cepas patóxenas extraintestinais e uropatoxénicas de 'E. coli', deixa entender que existe unha transferencia de determinados clons de cepas patóxenas extraintestinais (ExPEC9) e/ou uropatoxénicas (UPEC) entre as mascotas caninas e os seres humanos, xa que ao illar as cepas e clasificalas molecularmente como ExPEC e/ou UPEC, predominaban as da secuencia tipo ST372 de orixe canina e humana.

Aínda así, este fluxo é limitado, xa que o clon maioritario canino (B2-CH103-9-ST372) detéctase en contadas ocasións nas infeccións non intestinais, fundamentalmente da vexiga e das vías urinarias, diagnosticadas en seres humanos, segundo indica Jorge Blanco, quen advirte da existencia de diferencias xenéticas, en ocasións mínimas, entre os clons identificados como habituais en mascotas e en persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta