O pleno da Coruña rexeita a moción de Marea Atlántica que reclamaba cesar a exedil de Cs Mónica Martínez

Marea Atlántica inciden en que o 1 de outubro presentaron un recurso para solicitar o cesamento de Mónica Martínez do goberno. "Xa pasou o prazo e non tivemos resposta porque non hai resposta posible", argumentou a este respecto o seu portavoz, María García.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2020 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O pleno da Coruña rexeitou, cos votos en contra do PSOE, a abstención do PP e a favor do BNG e Marea Atlántica, unha moción presentada por esta formación que reclamaba o cumprimento da última sentenza do Tribunal Supremo para o "cesamento inmediato" da exedil de Ciudadanos e actual concelleira de Deportes, Mónica Martínez.

Desde as filas de Marea Atlántica, reclamouse que se renove o compromiso co Pacto Antitransfugismo e argumentou que a actual situación é "unha vergoña que non se merece A Coruña". En concreto, para o seu viceportavoz, Iago Martínez, "a abstencion cómplice delPP, máster en transfuguismo pola provincia de Ourense, sálvalle a cara á rexedora", sostén sobre Inés Rei, nun comunicado.

Desde Marea Atlántica, inciden en que o 1 de outubro presentaron un recurso para solicitar o cesamento de Mónica Martínez do goberno. "Xa pasou o prazo e non tivemos resposta porque non hai resposta posible", argumentou a este respecto o seu portavoz, María García.

Este grupo sostén que, en cumprimento da sentenza do Tribunal Supremo do 26 de outubro e a Lei de Bases de Réxime Local, Mónica Martínez, "tránsfuga de Ciudadanos, ten a categoría de concelleira non adscrita polo que non pode formar parte do grupo mixto nin aproveitar os seus recursos", sinala en referencia ao contido do fallo do Supremo.

Pleno do Concello da Coruña. SANDRA GARCÍA - Arquivo
Pleno do Concello da Coruña. SANDRA GARCÍA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta