Sanidade avisa aos alcaldes de Ferrolterra do aumento de positivos, ingresos e da actividade asistencial

Os alcaldes brindáronse a ofrecer a súa colaboración a Sanidade, ademais de reclamar o poder coñecer como evolucionan os casos nos seus municipios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2020 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

Responsables da Consellería de Sanidade reuníronse este xoves cos rexedores dos municipos afectados o peche perimetral en Ferrolterra, na que advertiu tanto do incremento progresivo de positivos por COVID-19, como de ingresos e da actividade asistencial na zona.

O secretario xeral de Sanidade da Xunta, Alberto Fonte, trasladoulles aos alcaldes de Ferrol, Narón, Fene, Neda e Mugardos e a unha das edís de Ares que a situación epidemiolóxica "non é boa", tras detectar un importante incremento de positivos nas PCR realizadas.

Ferrol ten 350 casos activos, mentres que uns 301 sitúanse en Narón, 81 en Fene, 41 en Neda, 36 en Ares e 20 en Mugardos. Desde a área Sanitaria de Ferrol trasladóuselle, ademais, que o número de pacientes ingresados está a sufrir unha subida progresiva e que a actividade asistencial está en aumento, o mesmo que o número de caso de persoas que están a superar a pandemia nos seus domicilios.

Os alcaldes brindáronse a ofrecer a súa colaboración a Sanidade, ademais de reclamar o poder coñecer como evolucionan os casos nos seus municipios, ademais de realizar de maneira semanal unha reunión telemática para valorar como evoluciona a pandemia neste territorio.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta