PSOE, Podemos e ERC votan que o español deixe de ser a única "lingua oficial e vehicular" na educación

Serán as autonomías as que decidan cal é a lingua "vehicular" nos seus procesos educativos. A Mesa pide á Xunta aproveitar esta modificación para eliminar as restricións ao ensino de galego

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 05/11/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O Relatorio da Comisión de Educación do Congreso, grupo de traballo que analiza, debate e vota as emendas ao proxecto de reforma da lei educativa, votou a favor este xoves de eliminar que o castelán sexa considerada unha lingua vehicular no ámbito educativo e unha lingua oficial do Estado.

A emenda conxunta do PSOE, Unidas Podemos e ERC (que saíu adiante por 20 votos a favor, fronte a 16 en contra e 1 abstención) suprime da lei educativa (Disposición Adicional 38) a referencia ao castelán como "lingua oficial do Estado", así como de "linguas vehiculares" tanto ao castelán como as demais linguas cooficiais.

O texto, ao que tivo acceso Europa Press, quedaría así: "As Administracións educativas garantirán o dereito dos alumnos e as alumnas a recibir ensinos en castelán e nas demais linguas cooficiais nos seus respectivos territorios, de conformidade coa Constitución Española, os Estatutos de Autonomía e a normativa aplicable". Deste xeito, a emenda pretende introducir a posibilidade de que as comunidades autónomas poidan determinar cal é a lingua vehicular do seu territorio no ámbito educativo.

O proxecto de reforma inicial non recollía nun principio esta opción, ao establecer que "as Administracións educativas garantirán o dereito dos alumnos e as alumnas a recibir ensinos en castelán, lingua oficial do Estado, e nas demais linguas cooficiais nos seus respectivos territorios", así como que "o castelán e as linguas cooficiais teñen a consideración de linguas vehiculares, de acordo coa normativa aplicable".

Pero agora, con esta emenda, elimínase do proxecto a referencia ás linguas cooficiais como "linguas vehiculares" e ao castelán como "lingua oficial do Estado". Tamén a actual lei de educación (a chamada 'lei Wert') recolle que "o castelán é lingua vehicular do ensino en todo o Estado e as linguas cooficiais o son tamén nas respectivas comunidades autónomas, de acordo cos seus Estatutos e normativa aplicable".

A MESA

A iniciativa pactada entre PSOE, Unidas Podemos e ERC suscitou a polémica entre o resto de forzas parlamentarias. De feito, o PP, Cs e Vox xa anunciaron que recorrerán ante o Tribunal Constitucional a denominada 'lei Celaá', no caso de que finalmente inclúa a supresión do castelán como lingua vehicular.

Respecto diso, a asociación A Mesa pola Normalización Lingüística instou á Xunta a aproveitar a modificación para eliminar as restricións á impartición da galega e actuar no seu propio marco legal e cumprir coas recomendacións do Consello de Europa, para así eliminar o decreto do plurilingüismo.

NON SEGREGACIÓN DE SEXOS NA CONCERTADA

Igualmente, saíu adiante outra emenda transaccional entre o PSOE, Podemos e ERC, por 20 votos a favor, 16 en contra e 1 abstención, para prohibir que na educación concertada se poida segregar aos alumnos por sexo. Concretamente, dita modificación contempla a opción de retirar o concerto a aqueles centros educativos que incorran na separación por xénero dos alumnos, sustentando ese impedimento na Lei de Igualdade.

Hemiciclo do Congreso dos Deputados durante unha sesión plenaria
Hemiciclo do Congreso dos Deputados durante unha sesión plenaria | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Moine

O galego é a língua criada polos galegos e galegas, o castelá foi imposto a sangue, escárnio, e lei; como qualquer língua imperial sobre os povos conquistados.

2 Amancio

Amigo nostrus, concordamos entón no sistema de vías. Non concordamos no do bilingüismo. En Galicia o bilingüismo simplemente é un estado transitorio na desaparición da lingua galega, algo que nos fai máis pobres. O galego pode levar as de perder, hoxe, mais somos moitos os que a pesar da imposición e de termos de aturar unha maioría con complexos preservamos a lingua con orgullo, xunto co resto de falantes galegófonos ou lusófonos do planeta. A fin de contas lembra que cando Shakespeare escrebía as suas obras o inglés era unha lingua marxinal e o francés tamén perdeu en Flandres.

1 nostrus

Si fósemos da mesma calaña que as sectas nacionalistas pediríamos que só fose lingua oficial o español e apoiaríamos esta decisión en que por moitos séculos foi a única lingua oficial incluso en territorios como Cataluña ou Galicia, pero somos moito mellor ca eles e pedimos bilingüismo ala onde exista. O Psoe con estas paiasadas amosa ser un partido nada responsable. Logo alporizádesvos de que Vox suba.

1 Pilar Castro

Pon a vacina da rabia, Ciudadano, e vai asimilando o feito de que loitaremos polo galego coma lingua vehicular na Galiza. Se non gostas bótalle sucre ou emigra porque gallegos coma ti sedes a ruina da nosa nación e ides en picado á irrelevancia. Un saúdo.

2 nostrus

O teu comentario si que é irrelevante porque o galego xa é vehicular na nosa "rexión", pero do que se trata é de que deixe de selo o español. Eso é o que perseguides os fundamentalistas galegueiros, pero con eso ninguen gañaria nada, agás vos que pillariades un orgasmo a costa de perxudicar as personas. Que saibas tamén que en Galicia cabemos todos e non é preciso largar a ninguén e a vosa loita de facer unha Galicia para vos solos está condenada ao fracaso.

3 Amancio

Amigo nostrus, o que perseguimos os fundamentalistas galegueiros é ensino 100% para os nosos fillos en galego, para manteren a língua que falan na casa fóra dela. E iso é un mandato legal e un compromiso adquirido polo Reino de España pola ratificación da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias que está a ser incumprido pola Xunta de Galicia. E aos gardiáns da legalidade davos igual porque no fundo sodes uns hipócritas. Persoalmente eu admito un sistema de vías cunha vía 100% en castelán agás galego. A fin de contas pail4ns sempre ten de haber.

4 nostrus

Amancio, yo quiero que los padres elijan la lengua vehicular de sus hijos, sea ésta el español o el gallego. Recuerda que la verdadera garantía ppara el gallego será el bilingüismo, porque mientras haya bilingúismo existirá el gallego, pero cuando sea cuestion de modas unas veces se machacará al castellano y otras al gallego. Y el gallego lleva las de perder porque el castellano es tan potente que es indestructible. Así que mejor "bilingúismo".