A Xunta e Aclunaga pactan unha axenda común para que o sector naval galego poida optar aos fondos europeos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2020 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, avanzou que a Xunta e o clúster do naval, Aclunaga, desenvolverán unha axenda común para que o sector poida optar aos fondos europeos de reconstrución Next Generation.

Así o avanzou tras unha reunión da que informou a Xunta nun comunicado e na que tamén acordaron reclamar de forma conxunta que haxa igualdade de criterios nas axudas que se están concedendo a estaleiros europeos.

"Desde a Xunta de Galicia facemos nosa a reivindicación do sector naval galego para que desde a UE se establezan criterios claros, homoxéneos e transparentes que lle permitan competir en igualdade de condicións", aseverou Conde.

Respecto diso, solicitou ao Goberno de España que dialogue coa Unión Europa para garantir que esta industria pode acceder ás diferentes axudas e aos mesmos instrumentos de apoio que neste momento están a aplicarse noutros países europeos como Alemaña e Holanda.

Na reunión, a Xunta e Aclunaga decidiron, ademais, desenvolver un traballo conxunto para definir novos proxectos cos que o sector naval poida optar aos europeos Next Generation.

Reunión entre o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, e representantes de Aclunaga. XUNTA / XOÁN CRESPO / Europa Press
Reunión entre o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, e representantes de Aclunaga. XUNTA / XOÁN CRESPO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta