CIG-Ensino considera que novo criterio para conviventes de sospeitosos de COVID contradí as directrices do Sergas

A CIG remitiu un escrito conxunto aos titulares de Educación e de Sanidade para advertir desta contradición e instase a unificar os criterios e directrices de actuación para reducir o risco de contaxio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2020 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A nova actualización do protocolo ante a COVID-19 para o sistema educativo está a xerar malestar e preocupación entre algunhas entidades. Entre elas, a CIG-Ensino advertiu das dúbidas que están a xerar os novos criterios publicados pola Consellería de Educación para o caso de alumnos ou docentes que convivan con persoas que presenten sintomatología compatible coa enfermidade.

Segundo a nova versión do documento colgado pola administración galega, cando exista un caso dubidoso no núcleo familiar ou que presente síntomas compatibles coa enfermidade o resto de persoas convivientes terán que acudir ao centro, en caso de ser alumno ou docente.

Deste xeito, non terán que gardar corentena ata que se confirme o positivo no domicilio mediante a proba correspondente, momento no que pasarían a considerarse contactos estreitos.

O sindicato denunciou as implicacións deste novo criterio de actuación, posto que contradín directamente as directrices emitidas polo propio Sergas e do Ministerio de Sanidade para a sociedade no seu conxunto.

O criterio xeral para persoas que convivan cun caso sospeitoso ou que presente síntomas compatibles é o de gardar corentena, como publicou o DOG o día anterior na 'Orde pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia'.

A CIG remitiu un escrito conxunto aos titulares de Educación e de Sanidade para advertir desta contradición e instase a unificar os criterios e directrices de actuación para reducir o risco de contaxio.

Protesta contra os criterios da Xunta na aula. ADORMIDERAS - Arquivo
Protesta contra os criterios da Xunta na aula. ADORMIDERAS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta