A historia dos nosos lobos e pastores, levada á gran pantalla en Barcelona

O filme documental "Entre Pastores e Lobos" rodado durante cinco anos nos montes de Galicia acaba de presentarse no Suncine Festival.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2020 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

"Unha historia real entre pastores e lobos. Un percorrido por outras memorias para achegarnos aos ciclos naturais das montañas". Así se define unha nova proxección documental galega que leva por nome "Entre Pastores e Lobos" e que vén de ser presentada no Suncine Festival de Barcelona, antigo Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente de Barcelona.

Lobo Ibérico. WWF. ANA RETAMERO PARA WWF
Lobo Ibérico. WWF. ANA RETAMERO PARA WWF

Este filme, que nace do traballo de cinco anos de rodaxe, está ambientado en Galicia, onde vive unha das maiorers poboacións de lobos de Europa. Segundo explican os seus creadores, entre eles Manuel Pedrosa na dirección e edición, e Pedro Alonso e Mariam Mariño tamén ao guión, estes lobos "acubillados por paisaxes singulares, non ocupan espazos naturais illados, senón que viven entre a xente".

Pedro Alonso, un dos involucrados nestre proxecto, é biólogo experto no estudo do lobo hibérico. Leva máis de 30 anos tralas súas pegadas intentando comprrendelos. Nesta longa andaina, acumula ás súas costas miles de kilómetros percorridos por camiños e pistas dos montes galegos. 

VE O DOCUMENTAL ONLINE

A película pódese ver online ata o 12 de novembro, data na que finaliza o certame, a través desta aplicación de Suncine.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta