Un operativo con Policía Nacional e Garda Civil velará polo cumprimento das novas restricións

Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/11/2020 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

Un operativo no que participará a Policía Nacional --incluída a unidade adscrita a Galicia--, a Garda Civil e Protección Civil velará polo cumprimento das novas restricións aprobadas pola Xunta para facer fronte á segunda onda da covid-19 en 60 concellos.

O delegado do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, participou este venres nunha reunión do Centro de Coordinación galego con motivo da entrada en vigor das restricións.

No encontro telemático, do que informou a Delegación do Goberno, abordáronse as novas medidas expostas pola Xunta e como actuarán os axentes da Policía Nacional, a Garda Civil e Protección Civil desde este sábado.

Ao Centro de Coordinación galego asistiron, ademais do delegado do Goberno, o coronel da Garda Civil Francisco Javier Jambrina; o xefe superior de Policía de Galicia, José Luís Balseiro; o comisario da Policía Autonómica, Jorge Rubal; a responsable de Protección Civil en Galicia, María Dolores Gómez; a vicesecretaria xeral da Delegación do Goberno, Eva Vázquez; e a xefa do gabinete técnico do delegado, María Rivas.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, na reunión do Centro de Coordinación de Galicia
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, na reunión do Centro de Coordinación de Galicia | Fonte: Delegación do Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta