Mobilización de delegadas da CIG en tendas de Inditex na Coruña contra a "modificación" do calendario laboral

Segundo as delegadas a empresa "impón" quendas "que impiden a conciliación e supoñen unha importante perda de diñeiro para o persoal, que se ve na tesitura de ter que elixir entre traballar ou conciliar".

Por E.P. | A CORUÑA | 06/11/2020 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

Delegadas da CIG e traballadoras nas tendas de Inditex mobilizáronse este venres diante de varios establecementos que o grupo ten na praza de Lugo da Coruña para denunciar "o recorte de dereitos laborais que a multinacional pretende impor a conta da emerxencia sanitaria".

Carmiña Naveiro, presidenta do comité de Zara na Coruña, explicou que "baixo a escusa da pandemia, Inditex modificou todos os calendarios laborais que estaban acordados, cambiando as xornadas e os horarios ao persoal, mesmo a aquelas traballadoras que teñen concreción horaria para o coidado de nenos".

Segundo a CIG, a empresa "impón" quendas "que impiden a conciliación e supoñen unha importante perda de diñeiro para o persoal, que se ve na tesitura de ter que elixir entre traballar ou conciliar".

"A maiores, con estes cambios, a compañía eliminou de golpe o día libre, o límite de tardes e a libranza de fin de semana, e as traballadoras nin sequera poden gozar en moitos casos do descanso semanal mínimo que establece a lei", engade nun comunicado no que explica que a CIG presentou nove demandas de conflito colectivo.

Mobilización convocada pola CIG en tendas de Inditex. CIG
Mobilización convocada pola CIG en tendas de Inditex. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta