Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/11/2020 | Actualizada ás 10:37
Cinco novos falecementos confirmados nas últimas horas elevan a 981 as vítimas da COVID-19 en Galicia desde o inicio da pandemia sanitaira. Un deles procedía da residencia DomusVi Ribadumia, unha muller de 72 anos que estaba ingresada no Hospital do Salnés.
O resto de casos foi o dun home de 76 anos ingresado no Complexo Hospitalario da Coruña, unha muller de 91 no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, e dous homes de 65 e 86 anos ingresados no CHOP e no CHUS, respectivamente.
Con estas cinco vítimas, Galicia alcanzou o total de 981 falecidos. Esta mesma semana, o luns, rexistrouse o maior número de mortes por coronavirus nesta segunda onda da pandemia e con cifras que se remontan a principios do mes de abril.
O pasado xoves notificouse o maior número de mortos nunha mesma xornada desde que comezou a segunda onda (13) e superouse a barreira dos 900 falecementos con coronavirus.
A primeira morte computada na denominada 'nova normalidade' foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados coa pandemia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.