Feijóo felicita a Joe Biden e Kamala Harris pola súa vitoria en EEUU nunhas eleccións "síntoma dunha democracia viva"

Desexa que a relación entre Estados Unidos e Europa "sexa a mellor".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/11/2020 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitou este sábado a través da súa conta de Twitter ao xa presidente electo de Estados Unidos, Joe Biden, e á súa vicepresidenta, Kamala Harris, pola súa vitoria nas eleccións.

"O pobo norteamericano expresouse masivamente nas urnas, síntoma dunha democracia viva", subliñou o mandatario galego nun 'tuit', fronte ao cuestionamiento do resultado por parte do candidato republicano á reelección, Donald Trump.

Seguidamente, Feijóo publicou outro 'tuit' no que desexa que a relación entre Estados Unidos e Europa "sexa a mellor", porque iso "redundará en beneficios para España e por tanto para Galicia, así como para os miles de galegos que viven en Estados Unidos e en toda América".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Muxe

E faino en español, coma bo cosmopaleto acomplexado que é e que nin chapurrea unha palabra de inglés (pero se nin sabe escreber o seu apelido correctamente...). É un fake en todo e para todo. Non é digno de ser presidente da Galiza (nin dunha comunidade de veciños). A Madrid, ca amiga tola...