Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2020 | Actualizada ás 18:05
A coordinadora de Ciudadanos en Galicia, Beatriz Pino, volveu a reclamar a baixada do IVE ás máscaras e cualificou de "falso" que a Unión Europea dixese que o seu regulamento impide reducir este imposto.
Nun comunicado remitido aos medios, Beatriz Pino volveu a reclamar esta medida despois de que outros países da UE optasen por baixar ou eliminar o IVE a estes produtos no actual contexto de pandemia.
A responsable da formación laranxa reclama que se reduza o tipo impositivo aplicable no IVE do 21 ao 4% en todos aqueles produtos farmacéuticos que son de uso obrigatorio ou recomendable na prevención dos contagios de covid-19.
"Lamentablemente non hai un compromiso concreto por parte do Goberno de España cando de verdade é unha necesidade dos cidadáns, sendo como din un goberno da xente", manifestou.
A coordinadora de Cs Galicia lembrou que se trata dun produto esencial que debe ser adquirido a baixo prezo. "Non é desdeñable, en absoluto, a carga económica que esta nova obrigación, neste momento ilimitada no tempo, supón para os petos dunha sociedade moi castigada por unha crise económica na que xa estamos inmersos e cuxo fin non se anticipa próximo", indicou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.