A fin de semana sáldase con 28 identificados por incumprir as medidas en concellos da Coruña

Tramitáronse 17 actas de infracción.

Por E.P. | A CORUÑA | 10/11/2020 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica informaron de que levaron a cabo este fin de semana 28 dispositivos na provincia da Coruña no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes para combater a covid-19.

Nestes controis, os axentes realizaron 48 inspeccións en nove concellos da provincia no pasado fin de semana, que deron como resultado a identificación de 28 persoas e a tramitación de 17 actas de infracción.

En base a este plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 6 e o 8 de novembro para controlar que se están cumprindo as medidas vixentes para frear a expansión do virus; e activáronse dispositivos en nove municipios da provincia: Ames, Boiro, A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Noia, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Teo.

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 30 concellos, nos que que se rexistraron 87 operativos cun total de 116 inspeccións, con máis de 552 persoas identificadas e 29 denuncias tramitadas.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos estaban a cumprirse as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforamento e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Un coche da policía local. CONCELLO DE PONTEAREAS
Un coche da policía local. CONCELLO DE PONTEAREAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta