Entrega á Policía un sobre con 3.000 euros que atopou cando saía dunha entidade bancaria en Pontevedra

A Policía Nacional, despois de varias pescudas, púxose en contacto coa persoa propietaria da cantidade de diñeiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2020 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

Unha muller acompañada da súa filla entregou o pasado martes na Comisaría Provincial de Pontevedra un sobre con 3.000 euros que acababa de atopar ao saír dunha entidade bancaria.

Así, relatou a Policía nacional, a partir dese momento iniciouse unha investigación que deu resultado positivo, xa que se ha podio facer entrega do diñeiro ao seu lexítimo propietario.

As mesmas fontes relataron que a Policía Nacional, despois de varias pescudas, púxose en contacto coa persoa propietaria da cantidade de diñeiro quen acudiu á Comisaría Provincial e explicou que na mañá do día 3 de novembro retirara ese importe exacto do banco e entregoulla ao seu marido, quen supostamente a meteu no peto interior da cazadora, aínda que se deslizou ata o chan sen que se decatasen diso.

Ao chegar á súa casa foi cando se deu conta de que perdera o sobre. Tras detallar a cantidade e a distribución dos billetes contidos no sobre, o percorrido que fixo durante esa mañá, así como a factura polo importe dos 3.000 euros en cuestión, a Policía fíxolle entrega do sobre esa mesma tarde por parte dun axente da Comisaría Provincial de Pontevedra.

Un axente da Policía Nacional presta servizo nunha rúa. POLICÍA NACIONAL
Un axente da Policía Nacional presta servizo nunha rúa. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta