Talentia Summit trae consigo máis de 18.000 actividades telematicas a pesar da Covid

Pedro Duque abrirá unha edición "especial" da feira Talentia Summit, que se celebrará integramente de forma telemática

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2020 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

O ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, será o encargado de abrir este ano a feira de emprego Talentia Summit, que vivirá en 2020 unha edición especial celebrada integramente de forma telemática coa presenza das "mesmas empresas" que participarían se fose presencial. 

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo de Santiago, sinalou que esta "será unha edición moi diferente, pero con moitos aspectos que veñen para quedar", durante a rolda de prensa celebrada este mércores no Pazo de Raxoi para presentar unha feira virtual que abrirá o prazo de inscrición este sábado 14 de novembro.

O director da feira, Xabier Ferreiro, incidiu en que o traslado íntegro ao dixital permitirá que "todas as persoas que queiran recoller información ou interrelacionarse" poidan facelo nun lugar "ideal" como Talentia Summit, que manterá tecnoloxicamente conferencias e 'casetas' virtuais que ofrecerán información sobre a "cultura" da empresa ou o tipo de perfil profesional que buscan das compañías. 

Presentación Plan Talentia en Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO
Presentación Plan Talentia en Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO

En total serán máis de 18.000 actividades formativas, webinarios, 'mentoring' ou encontros con orientadores profesionais. Para as actividades de formación existen dúas liñas que contan, respectivamente, con 2.000 e 1.000 prazas para actividades e cursos, ademais doutras 800 para a formación virutal. En canto ás aulas virtuais de 'mentoring', Talentia Summit habilitará 672 plaazas para conversacións nas que participarán ata 28 persoas; mentres que para as conversacións orientadores profesionais haberá 360 prazas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta