Cribado a máis de 5.500 veciños de Ribeira tras perderlle a pista á cadea de contaxios

Estas probas terán lugar entre este xoves e domingo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2020 | Actualizada ás 15:40

Comparte esta noticia

O Sergas fará un cribado a máis de 5.500 veciños de Ribeira de entre 40 e 50 anos ante o incremento de casos e "a imposibilidade de seguir a cadea epidemiolóxica en moitos deles".

Segundo informa a xerencia da área sanitaria de Santiago, este cribado terá lugar entre este xoves e domingo. Citarase a este grupo poboacional que teña cartón sanitario nos centros de saúde de Ribeira.

Os citados recibirán un SMS coa hora e lugar, que será na lonxa nova no porto de Ribeira. O acceso é peonil e non se recomenda ir en coche. Deste xeito, tomaranse mostras nasofarinxeas para realizar PCR, que serán analizadas a través da técnica de 'pooling'.

O Sergas agradece a colaboración do Concello de Ribeira polo apoio de Policía Local e Protección Civil, así como de Portos de Galicia e a xerencia da lonxa.

Cola en cribado de coronavirus realizado en Santiago o 24 de outubro de 2020
Cola en cribado de coronavirus realizado en Santiago o 24 de outubro de 2020 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta