A Cámara pídelle á Xunta un plan de axudas directas para a hostalaría

Críticas oa plan "insuficiente e ridículo" da Xunta para axudar ao sector.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2020 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Os grupos da Cámara galega aprobaron este mércores instar á Xunta a adoptar de forma urxente un plan de axudas directas a fondo perdido dirixidas a paliar os danos económicos que a covid-19 está a producir no sector da hostalaría en Galicia.

O acordo xurdiu por mor dunha iniciativa defendida polo deputado do PSdeG Juan Carlos Francisco Rivera, quen esixiu ao Goberno galego unha "reacción" cun plan económico similar ao que levan a cabo outras comunidades, como o País Vasco ou Murcia, que destinarán 45 e 38 millóns de euros ao sector respectivamente.

O socialista reclamou que a Xunta "empregue toda a súa capacidade de gasto público e de endebedamento" para "rescatar ao sector" e asegurou que os "12 ou 15 millóns anunciados" por Feijóo "son insuficientes e ridículos para paliar as consecuencias dun peche que afecta a 12.800 galegos". Neste sentido, criticou a estratexia de "confusión" na que, ao seu xuízo, está instalado Feijóo e instou ao Goberno a "facer política económica a curto e medio prazo, con carácter inmediato".

APOIO DE PPDEG E BNG

Aínda que presentaron unha emenda que non foi aceptada polos populares, aínda que a iniciativa saíu adiante co apoio das tres forzas. O portavoz de Turismo do Grupo Popular, Borja Verea, afirmou que "ante situacións de peche obrigatorio dos locais de hostalaría", a única saída son "solucións de rescate nas que se deben implicar todas as administracións: municipal, autonómica, estatal e europea".

A proposta tamén foi apoiada polo BNG, cuxa deputada María do Carme González Igrexas considerou que as medidas teñen que "ser contundentes" para salvar o emprego dun dos sectores máis afectados pola pandemia.

Terrazas da hostalaría. CONCELLO DE AMES - Arquivo
Terrazas da hostalaría. CONCELLO DE AMES - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta