A Deputación da Coruña convoca os premios PEL, cun galardón a iniciativas contra o Covid

Por E.P. | A CORUÑA | 11/11/2020 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña convoca a cuarta edición dos premios PEL, que dedicará un galardón ás iniciativas innovadoras na loita contra a Covid-19, segundo informa. Repartiranse un total de 75.000 euros en premios destinados as pemes, microempresas, persoas profesionais autónomas, concellos e asociacións empresariais.

O prazo para presentar as candidaturas estará aberto desde este xoves, día 12, ata o 8 de xaneiro, tras a publicación este mércores no Boletín Oficial da Provincia (BOP) das bases reguladoras da cuarta edición dos premios.

Na categoría relativa ás iniciativas contra o Covid-19, valoraranse aspectos como proxectos innovadores, medidas implantadas para o benestar e seguridade das persoas traballadoras e accións altruístas relacionadas coa excepcionalidade da situación ocasionada pola pandemia, entre outros.

Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións da residencia de anciáns de San Cibrao
Un traballador sanitario totalmente protexido traslada unha padiola nas inmediacións da residencia de anciáns de San Cibrao | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta