O Parlamento de Galicia reclama un centro de terapia CAR-T en Galicia para tratamentos células tumorais

Este centro implicaría dotar a Galicia da posibilidade de fabricar no seu propio territorio os medicamentos indicados para tratamentos tumorais, desenvolver ensaios clínicos para os que non existe alternativa en medicamentos industriais e poder tratar a pacientes nun estado moi fráxil sen saír de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2020 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou este mércores unha proposición non de lei a través da que o Grupo Popular instou á Xunta a que, no marco do seu futuro Plan galego de oncoloxía, elabore unha estratexia de medicamento personalizado e terapia celular avanzada que inclúa a posta en marcha dun centro de terapia CAR-T en Galicia.

A iniciativa, que foi apoiada polo PSdeG e contou coa abstención do BNG, foi defendida pola portavoz de Sanidade Grupo Popular, Encarna Amigo, quen sinalou que nos últimos anos asistiuse a un "gran cambio no tratamento da oncohematoloxía coa aparición das terapias dirixidas" que melloran a eficacia de moitos tratamentos.

"Sen dúbida, o gran avance no que se están pondo máis esperanzas é na inmunoterapia celular, como substitución da quimioterapia: son nosas propias defensas as que destrúen ás células malignas, xa que moitas veces estas usan métodos para pasar desapercibidas", explicou.

Neste punto, detallou que a terapia CAR-T é aquela con a que se pretende que o sistema inmune do paciente, mediante técnicas de modificación xenética, teña a capacidade de recoñecer e destruír de forma selectiva ás células tumorais", ha concretade.

A deputada do PP tamén explicou que, na actualidade, segundo o establecido no Plan de abordaxe da terapia avanzadas no Sistema Nacional de Saíde: Medicamentos CAR do Ministerio de Sanidade, estas terapias poden ser administradas a tarvés dunha rede de 15 centros, ningún deles en Galicia.

Neste punto, sinalou que un centro de CAR-T implicaría dotar a Galicia da posibilidade de fabricar no seu propio territorio os medicamentos indicados para estes tratamentos, desenvolver ensaios clínicos para os que non existe alternativa en medicamentos industriais e poder tratar a pacientes nun estado moi fráxil sen saír de Galicia.

APOIO DOS SOCIALISTAS E ABSTENCIÓN DO BNG

A iniciativa do PPdeG contou co apoio do PSdeG, cuxo deputado Julio Torrado subliñou que "todo avance posible" necesita "apoio" e que "toda intensidade é pouca" para implementar este tipo de terapias en Galicia.

Ademais, advertiu que, no contexto actual marcado pola pandemia, a atención á covid non pode supor o desvío de recursos e que se perda de atender a cuestións como as oncolóxicas.

Pola súa banda, os nacionalistas galegos optaron pola abstención ao considerar que o problema non é a falta de terapias CAR-T senón "que antes de chegar a elas" hai un "mundo totalmente abandonado e esquecido" pola Xunta como é o da atención primaria.

"As terapias CAR-T poden supor e suporán un grandísimo avance, pero de nada vale se non chegamos á fase na que as pacientes poden ser candidatas, de nada vale ter un tellado fantástico se se alaga a casa cando orballo", indicou a deputada Iria Carreira.

Parlamento.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Parlamento.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta