A Xunta quere trasladar as responsabilidades sobre Siemens Gamesa nas Somozas ao Goberno central.

Lembra que acordou cos sindicatos pedir unha reunión con representantes do Goberno para abordar o futuro da planta

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2020 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, reafirmouse no Parlamento en que "a solución" para a planta que a multinacional Siemens Gamesa ten no polígono industrial das Somozas pasa por traballo conxunto de Xunta e Goberno central, que deben "conxugar" os instrumentos de política industrial autonómicos e a política enerxética.

Ratificouno en resposta ao parlamentario socialista Martín Seco, a quen lembrou que se decidiu, xunto con responsables sindicais, pedir unha reunión cos ministerios de Industria e Transición Ecolóxica para abordar o futuro desta planta dedicada á fabricación de pas para aeroxerador.

Conde trasladou o seu "recoñecemento" aos traballadores da planta. "Coñecémonos ben e non se merecen o trato que lles está prestando a empresa", sentenciou, á vez que pediu á socialistas "prudencia" e "realismo".

"A pregunta que nos estamos facendo todos é cando o Grupo Socialista vai deixar de defender ao Goberno de Sánchez e Podemos, e vai defender os intereses dos traballadores", sinalou, antes de incidir en que a política enerxética "ten consecuencias".

Planta de Gamesa nas Somozas
Planta de Gamesa nas Somozas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta