A Coruña potenciará as conexións aéreas con Madrid a través dun proxecto piloto

Licitarase a conexión con Bilbao e a promoción das rutas á capital española.

Por E.P. | A Coruña | 12/11/2020 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

A Coruña potenciará as conexións con Madrid a través dun proxecto piloto, ademais de licitar a conexión con Bilbao e a promoción das rutas á capital española, segundo informou o concelleiro de Turismo e Relacións Institucionais, Juan Ignacio Borrego.

Consorcio de Turismo da Coruña.
Consorcio de Turismo da Coruña.

Na súa comparecencia, explicou que o Consorcio de Turismo achegará 650.000 euros para potenciar o aeroporto de Alvedro, a través de tres actuacións "estratéxicas", aprobadas este xoves na Xunta de Goberno do citado organismo.

Por unha banda, pechouse o acordo coa Cámara de Comercio para duplicar durante tres meses a conexión con Madrid a travésde un proxecto piloto. Acordouse tamén licitar a conexión con Bilbao con dúas frecuencias semanais e 104 voos durante o ano.

Finalmente, decidiuse licitar a promoción das rutas de Madrid, que implicarán un aumento de case o 100% dos voos á capital, segundo expuxo.

O edil remarcou que o aprobado este xoves suporá "unha garantía de tres anos para Alvedro" de cara a manter "conexións fundamentais" do aeródromo coruñés.

Sobre a experiencia piloto impulsada coa Cámara de Comercio, suporá aumentar a conectividade con Madrid nun 50% e dar a posibilidade de ir e volver no mesmo día, varias veces por semana.

"Durante tres días teremos avións durmindo na nosa cidade, de Iberia e con base en Alvedro, que despegarán cara a Madrid ás 06,30 horas", explicou o edil, que asegurou que este proxecto supón unha conexión "moi operativa" para viaxes de traballo. O proxecto piloto activarase o 17 de novembro e terminará o 17 de febreiro.

RUTA A BILBAO

Ademais, o consorció aprobou o inicio do expediente da contratación da ruta de Bilbao. "Pensando tamén na potencia de conexión que ten este aeródromo co sur de Francia", sinalou o concelleiro da Coruña de Turismo. O contrato que se aproba ten unha duración de dous anos, máis un prorrogable, e licitarase por valor de 250.000 euros anuais.

Por último, o consorcio aprobou contratar a promoción das rutas de Madrid, tamén de dous anos de vixencia, máis un prorrogable, e cun investimento de 250.000 euros anuais, e través do cal se aumentan as frecuencias mínimas semanais de 13 a 20. Deste xeito, búscase "manter a estabilidade" das operacións aéreas con Madrid e Bilbao.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta