A morte de sete persoas con coronavirus aumenta os falecidos en Galicia a 1.046

Supón un descenso respecto dos 21 falecidos notificados o luns.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/11/2020 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

Galicia rexistra o falecemento de sete persoas con coronavirus nas últimas horas, de forma que o total de mortes ascende a 1.046 desde o comezo da pandemia.

Unha ambulancia aparcada nas inmediacións da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo
Unha ambulancia aparcada nas inmediacións da residencia de maiores DomusVi de Outeiro de Rei en Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Esta cifra supón un descenso respecto dos 21 falecidos notificados o luns pola Consellería de Sanidade, así como en comparación co martes e mércores --con 15 mortes cada un dos dous días--.

Deste sete persoas, tres estaban relacionadas con residencias: un home de 82 anos, falecido no Chuvi de Vigo --procedente da residencia de Ballesol--; unha muller de 77 anos, tamén no Chuvi --procedente da residencia de Salvaterra de Miño--; e unha muller de 87 anos, no hospital do Salnés --procedente da DomusVI de Ribadumia--.

A lista de falecidos este xoves complétase cun home de 80 anos, no Chuac da Coruña; un home de 82 anos, no Chuvi; unha muller de 88 anos, no CHUS de Santiago; e un home de 74 anos falecido no seu domicilio no Concello de Crecente (Pontevedra).

Segundo informa a Consellería de Sanidade os sete falecidos con coronavirus contaban con patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta