A Xunta incrementará as axudas ás madeireiras para converter Galicia nunha "potencia forestal " na UE

O plan forestal prevé tamén eliminar un 5% de superficie de eucalipto no ano 2040.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2020 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

O Plan Forestal de Galicia que botará a andar no primeiro semestre de 2021 prevé aglutinar un investimento público e privado de 4.900 millóns de euros ata o ano 2040. un dos principais obxectivos será aumentar a corta de madeira para converter a Galicia nunha das grandes "potencias madeireiras de Europa".

Así figura nun informe elaborado por técnicos da Consellería do Medio Rural que foi posto en coñecemento do Consello da Xunta na súa reunión deste xoves. Deste xeito, a Xunta incrementará ata os 12 millóns as axudas ás industrias madeireiras para a corta de materia prima. 

Operarios de ENCE trafegando madeira
Operarios de ENCE trafegando madeira | Fonte: ence.es

CASTIÑEIRO E EUCALIPTO

Por outra banda, o plan establece unha estratexia de protección do monte para o período entre 2021 e 2040, ano no que se fixa como obxectivo alcanzar as 425.000 hectáreas ocupadas por frondosas autóctonas. No caso concreto do castiñeiro, o plan contén unha liña estratéxica pensada para a conservación e posta en valor desta especie. Prevese actuar sobre 8.000 hectáreas ata 2040, así como crear novos soutos para a produción de castaña e madeira.

En canto ao eucalipto, fixa como obxectivo reducir un 5% desta especie a través da "mellora da xestión e a produtividade" das masas xa existentes e reforzando o control de novas plantacións.

Ademais, o informe tamén reflicte que se "potenciará a silvicultura" e "reducirase" a combustibilidade das masas "a través da xestión activa". En total, a Xunta estima que 20.000 hectáreas de eucalipto converteranse en masas doutras especies.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta