Promoven un parque eólico sobre zonas protexidas en Ourense alegando que "beneficia á fauna"

Unha explotación de 28 torres ameaza a Serra de San Mamede. A agonía dos núcleos rurais dificulta a loita contra a empresas: "aquí quedan 12 persoas".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Prosegue a febre dos eólicos en Galicia. Según puido coñecer GC, unha empresa enerxética con sede en Madrid está a lanzar propostas para instalar un macroparque na Serra de San Mamede, localizada no Macizo Central ourensán. De acordo cun documento preliminar ao que tivo acceso GC, o proxecto contemplaría a construción de 28 muíños aeroxeradores ao longo dunha extensión de aproximadamente 18 kilómetros.

Parque eólico de Cadramón, en Lugo.
Parque eólico de Cadramón, en Lugo.

O dossier referenciado -elaborado a petición da compañía promotora- explicita que "non se detectan riscos potenciais" derivados do parque eólico; xa que, segundo destacan, este "non emite gases contaminantes" nin "ningún tipo de substancia perigosa". De feito, chega a destacar que, ao non implicar o emprego de combustibles, "suprímense radicalmente" os impactos vencellados a estes, "o que beneficia á atmosfera, ao chan, a auga, á fauna, á vexetación, etc".

"PARTÍCULAS EN SUSPENSIÓN" E RUIDOS

Porén, no mesmo documento a empresa promotora recoñece que o parque eólico terá, evidente, un profundo impacto sobre a vida na contorna; tanto no relativo á fauna como no tocante ás aldeas, cada vez máis reducidas e despoboadas, do entorno. Así, recoñecen que a fauna verase afectada por "alteración do seu hábitat", do mesmo xeito que o aire perderá calidade pola presenza de "partículas en suspensión". De xeito paralelo, a empresa non nega que a introdución destes 28 eólicos vaia a provocar unha profunda alteración da paisaxe, xa que incidirá sobre Zonas Especiais de Conservación, pero tamén sobre Zonas de Especial Protección por Valores Singulares. 

O macroparque planeado caerá a escasos metros da aldea de Rebordechao, un emprazamento onde, hai xa 30 anos se tentou tamén desenvolver un parque de eólicos. Os veciños lanzáronse entón contra o proxecto para manter unha vida "con dignidade". claro que entón, en Reboredo, había uns 50 veciños, "unha taberan e algúns rapaces". Segundo puido saber GC, o núcleo conta hoxe apenas con 12 persoas, unha circunstancia que fai máis difícil a loita contra o parque.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta