O 65% dos galegos cre que a violencia de xénero aumentou no confinamento

Un 88% dos galegos vincula a violencia de xénero con problemas mentais e outro 86% coas drogas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 12:27

Comparte esta noticia

o 65,5% dos enquisados considera que a violencia de xénero aumentou durante o período de confinamento, e un 87% cre que o feito de convivir durante 24% horas supuxo "máis risco" de agresión. O 76% dos preguntados entende que o illamento derivado das medidas restritivas para controlar a expansión da covid-19 "pode dificultar pedir axuda" en caso de sufrir violencia de xénero.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana. XOAN CRESPO - Arquivo
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana. XOAN CRESPO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Así se desprende da macroencuesta de percepción que ten a sociedade galega da violencia de xénero, que presentou este venres a conselleira Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

Neste estudo, un 88% dos galegos vincula a violencia de xénero con problemas psicolóxicos ou mentais dos agresores e o 86,9% atribúea a abuso de drogas ou alcol, fronte a outro 87% que a relaciona co machismo. Na súa comparecencia, a conselleira reivindicou que a concienciación aumentou, pero apostou por "traballar" para combater "estereotipos" como os que vinculan violencia con problemas mentais.

Ao seu lado, a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, lamentou que exista esa percepción que vincula tanto violencia de xénero como violencia sexual con "problemas de alcol e mentais", pero advertiu de que, no caso da violencia sexual, a poboación nova "si cre que é o machismo" o que está detrás.

Outro dos datos da enquisa é o que sitúa nun 20% dos galegos os que ven "leve" revisar o móbil da parella, pedir que cambie de vestimenta ou pór obstáculos a que pase tempo coas súas amizades. Esta macroenquisa foi realizada a partir de preguntas a 3.874 persoas, delas, as 55,7% mulleres e os 44,3% homes. Algo máis da metade dos enquisados vivían no rural, fronte a veciños de ámbitos urbanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta