Segue a guerra interna no PSOE coruñés

A alcaldesa nega que o grupo municipal deba cotas ao PSOE local, mentres que desde o PSOE galego critican a súa postura.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/11/2020 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, negou que os membros do grupo municipal socialista deban cotas ao PSOE e volveu a vincular, a preguntas dos xornalistas, o cesamento da xa exresponsable da área de Emprego, Eva Martínez Acón, co feito de que non se cumprisen as "expectativas" á fronte da mesma.

"Non", sentenciou ao ser preguntada se os concelleiros e concelleiras do grupo municipal deben cantidades ao partido como si sostivo o vicesecretrio xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, nunha carta á militancia. Nela, apoia a Acón e insta á rexedora a abonar as cantidades que, argumenta, deben ao partido desde xuño de 2019.

"Non vou entrar noutro tipo de marcos discursivos, en cortinas de fume ou en intentos de disfrazar unha realidade á que lle fixen fronte", expuxo tamén despois de que se vinculase o cesamento da exedil de Emprego coa reclamación do pago destas cotas na súa condición de secretaria xeral do PSOE local coruñés.

Ademais, expuxo que decisións deste tipo "teñen os seus tempos", ao ser preguntada por que non se aproveitou a remodelación levada a cabo recentemente no goberno local para cesar a Acón das súas funcións, polo baixo nivel de execución da súa área, segundo o exposto como argumento para o seu cesamento.

DECISIÓN "DIFÍCIL"

E é que, coincidindo coa rolda de prensa que ofreceu para presentar a iniciativa 'Estudos abertos', explicou que a medida adoptada foi "difícil" e "dolorosa no plano persoal". No entanto, cualificouna de "necesaria" ao argumentar que ela pediu aos concelleiros e concelleiras "plena dedicación" e que estean "ao 100% da súa capacidade".

Iso, dixo, "é o que esperan os coruñeses e coruñesas, que estean á altura das esixencias e cando unha área como a de Emprego non está a cumprir esas expectativas hai que tomar unha decisión, que non é fácil", recalcou. Por outra banda, agora instou a "centrarse" no que "preocupa aos coruñeses". "O que queira estar aquí e traballar ten que estar nunha visión de cidade", expuxo tamén.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, nunha rolda de prensa. ANDY PEREZ - Arquivo
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, nunha rolda de prensa. ANDY PEREZ - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta