Máis de 300.000 euros para as áreas de rehabilitación integral de Santiago

Sánchez Bugallo resaltou a "gran aposta" que, di, fai pola rehabilitación o concello compostelán "desde mediados dos 80", cando se creou a oficina municipal de rehabilitación primeiro orientada á cidade histórica e que despois se ampliou a outros ámbitos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

As áreas de rehabilitación integral (ARI) de Santiago de Compostela recibiron outros 330.000 euros para obras en vivendas dos barrios de Vite, o centro histórico e A Pontepedriña.

Este venres, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, visitaron o barrio da Pontepedriña, unha do catro ARI declaradas na capital galega xunto cos barrios de Vite, Vista Alegre e o Casco Vello.

Alí, ambos os dirixentes convidaron aos veciños destas zonas a solicitar as axudas --cofinanciadas por Xunta e Estado a través do Plan Nacional de Vivenda-- para acometer obras de rehabilitación nas súas vivendas e edificios.

De feito, na Pontepedriña, un barrio que se comezou a construír na década de 1950 e que foi axustándose ao centro urbano co crecemento da cidade, xa se iniciaron as obras de instalación dun ascensor nun dos edificios.

Así, a conselleira destacou que as actuacións que poden ser subvencionadas ao amparo do programa de fomento de rexeneración e renovación urbana son obras de rehabilitación en vivendas e tamén melloras de eficiencia enerxética ou accesibilidade.

Ángeles Vázquez puxo o acento na necesidade da "colaboración" entre administracións para conseguir que este tipo de programas "cheguen aos cidadáns".

APOSTA POLA REHABILITACIÓN

Pola súa banda, o rexedor santiagués resaltou a "gran aposta" que, di, fai pola rehabilitación o concello compostelán "desde mediados dos 80", cando se creou a oficina municipal de rehabilitación primeiro orientada á cidade histórica e que despois se ampliou a outros ámbitos.

"A rehabilitación non é só a preservación do patrimonio histórico construído, tamén é calidade de vida", remarcou Bugallo, que asegurou que nos últimos anos "máis de 2.000 vivendas" recibiron axudas para obras de rehabilitación.

Fotos Xunta / Medio Ambiente / Rehabilitación Integral. Xunta de Galicia / Europa Press
Fotos Xunta / Medio Ambiente / Rehabilitación Integral. Xunta de Galicia / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta