O conselleiro de Sanidade ve unha "boa nova" a OPE e defende que ofertan "todas as prazas" que lles permiten

Julio García Comesaña defende que non pode ofertarse a totalidade ao non eliminar o Ministerio de Sanidade a taxa de reposición, como pediu Galicia.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/11/2020 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, considerou unha "boa nova" a Oferta Pública de Emprego (OPE) do Servizo Galego de Saúde (Sergas), á vez que puntualizou que ofertan "todas as prazas" que lles permiten.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña | Fonte: Xunta.

Ao ser preguntado polas críticas de sindicatos que ven insuficientes as prazas ofertadas, lembrou que non pode ofertarse a totalidade ao non eliminar o Ministerio de Sanidade a taxa de reposición, como pediu Galicia.

Por iso, destacou que se non existise "esa limitación", a OPE do Sergas incluiría unhas "3.000 prazas". "Xa pedimos varias veces que esa taxa (de reposición) se elimine", subliñou. "Imos sacar todas as prazas que esa taxa nos permite", concluíu o titular de Sanidade.

Segundo explicou a Xunta este xoves tras a reunión semanal do Consello, no ámbito sanitario ofertaranse 985 prazas: 652 de persoal médico nas áreas de máxima prioridade; 275 de enfermaría, fisioterapia, terapeuta ocupacional e persoal técnico en farmacia; 46 prazas nas categorías de xestión e servizos; e 12 de persoal sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta