Folga de 24 horas en Siemens Gamesa para demandar á dirección que aposte pola planta das Somozas

O paro finalizou ás seis da mañá deste venres e foi secundado pola maioría dos traballadores.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 13/11/2020 | Actualizada ás 16:02

Comparte esta noticia

Unha ampla maioría dos empregados que a multinacional Siemens Gamesa ten no polígono industrial das Somozas (A Coruña) secundou este xoves un paro de 24 horas, que se prolongou ata as 6,00 horas deste venres e afectou as tres quendas.

Folga de 24 horas en Siemens Gamesa.
Folga de 24 horas en Siemens Gamesa. | Fonte: Europa Press

Coincidindo co paro, os traballadores tamén celebraron unha asemblea, ao mediodía, na que integrantes do comité de empresa trasladáronlles aos seus compañeiros cal é a situación.

A xornada de folga iniciouse cos operarios de mañá, ademais dos de tarde e noite. Fontes sindicais estiman o seguimento deste paro en algo máis do 90% e engaden que na asemblea informativa participaron unhas 200 persoas, nunha planta que empregaba hai unhas semanas a uns 300 traballadores entre directos e de ETT --algúns destes últimos xa foron despedidos--.

A gran maioría dos concentrados portaron unhas camisetas amarelas nas que se podía ler na parte dianteira 'Non ó peche de SGRE As Somozas', e na traseira 'Co peche 500 familias á rúa'.

O comité de empresa trasladou aos traballadores que a dirección lles comunicou que polo momento non se lograron materializar novos pedidos do modelo SX-114, de 57 metros de longo, e que é o que eles producen, e que ademais non se quere apostar por producir desde estas instalacións outras pas de maior tamaño.

A parte social lamenta que a multinacional non está interesada en apostar por esta planta, a pesar de que, segundo subliña, sempre cumpriron coas esixencias, tanto de produción como de calidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta