Baixan os casos activos vinculados a centros educativos, 1.249, mentes soben a 73 as aulas en corentena

Segundo os datos publicados este venres pola Xunta, como principal foco na comunidade educativa sitúase o CEIP Fogar de Carballo, que suma xa 26 infectados.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/11/2020 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

A incidencia do coronavirus na comunidade educativa galega continúa coa súa tendencia á baixa nos casos activos de COVID-19, xa que este venres baixaron ata os 1.249 en toda Galicia, cinco menos que hai un día.

No entanto, as aulas pechadas pola pandemia subiron en tres, ata situarse no total de 73; mentres que a gardaría Golfiños, en Lugo, continúa como único centro que permanece totalmente clausurado.

Segundo os datos publicados este venres pola Xunta, como principal foco na comunidade educativa sitúase o CEIP Fogar de Carballo, que suma xa 26 infectados --un máis que hai un día-- e tres aulas clausuradas. Esta situación levou ás autoridades sanitarias a realizar un cribado por PCR no centro.

Á súa vez, destaca polo número de positivos detectados o colexio privado plurilingüe Apóstolo Santiago de Vigo, que este venres reporta 15 positivos --dous menos-- e oito aulas pechadas --as mesmas--.

Precisamente, a área sanitaria viguesa continúa como a zona con máis casos activos na comunidade educativa: 359 infeccións (-2 con respecto a 24 horas atrás) e 19 unidades en corentena (+1).

Ademais do Apóstolo Santiago, outros centros da cidade de Vigo con cifras importantes son o CPR Mendiño, o CPR Plurilingüe O Castro e o CPR Plurilingüe San Fernando, con 10 casos activos cada unha. Máis aló da urbe olívica, destacan o nove casos do CEIP Plurilingüe As Solainas - Nicolás Gutiérrez Campo da Guarda.

A CORUÑA E LUGO

A área da Coruña, pola súa banda, continúa á alza con 244 positivos (+5) e 18 aulas afectadas (-1), co CEIP Fogar de Carballo como principal foco.

Tamén neste municipio destaca o IES Alfredo Brañas, con sete casos, os mesmos que no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco e no CPI Plurilingüe Cabo da Area, todos eles os que máis contaxiados teñen da área coruñesa.

Na zona de influencia de Lugo, que mantén os mesmos 176 casos que este xoves pero con tres aulas pechadas máis, ata sumar 17, está o único centro clausurado de Galicia: a escola infantil Golfiños con polo menos cinco positivos.

Xunto a este centro, están as cifras destacadas do CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei, que xa contabiliza nove contaxiados; seguido do IES Lucus Augusti de Lugo, que notifica sete.

PONTEVEDRA E SANTIAGO

Os centros da área de Pontevedra estabilizou o seu ascenso e, de acordo cos últimos datos da Xunta, conta 152 casos (-2) de coronavirus relacionados e oito aulas en corentena, co IES Chan do Monte e o IES Francisco Asorey como principais focos, con sete positivos. Tamén cabe mencionar o caso do CEIP da Lama, que mantén seis clases pechadas por tan só dous positivos.

Tras a pontevedresa sitúase a área sanitaria de Santiago, que baixa en dous a incidencia, ata os 118 contaxiados, mentres que as unidades en corentena mantéñense en sete.

Da zona de influencia da capital galega, como centros con maior incidencia están o CIFP Compostela, con sete casos activos, e o CPR Plurilingüe San José de Cluny, con seis.

OURENSE E FERROL

En canto á área de Ourense, a súa comunidade educativa rexistrou aumentos nos últimos días ata situarse este venres nos 105 casos activos, dous máis que o xoves, aínda que se manteñen en dous as clases pechadas.

De todos os colexios e institutos ourensáns, o CEIP Plurilingüe Ribadavia --seis positivos e unha aula en corentena-- é o exemplo máis grave, mentres que o resto de centros que aparecen na listaxe sitúanse entre un e tres infectados activos.

Finalmente, a área área de Ferrol, con 95 positivos (-11) e dúas clases clausuradas, sitúase como a de menor incidencia da pandemia, co CPI do Feal de Narón --seis contaxiados-- como o de maiores cifras.

Unha farmacéutica da Farmacia Portal Martínez Soto toma unha mostra de sangue para realizar un test de cribado do coronavirus en Barbadás, Ourense, Galicia (España), a 19 de outubro de 2020. As farmacias ourensás que colaboran coa Consellería de. Rosa Veiga - Europa Press
Unha farmacéutica da Farmacia Portal Martínez Soto toma unha mostra de sangue para realizar un test de cribado do coronavirus en Barbadás, Ourense, Galicia (España), a 19 de outubro de 2020. As farmacias ourensás que colaboran coa Consellería de. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta