Temas: UE PP PESCA

O PP denuncia a reforma da Lei de Costas ante a Comisión Europea

Para o PP dous dos obstáculos ao crecemento da acuicultura son "a complexidade dos procedementos de autorización e a brevidade das concesións administrativas

Por E.P. | BRUSELAS | 13/11/2020 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

O eurodeputado popular e membro da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Francisco Millán Mon, dirixiuse por escrito á Comisión Europea para denunciar que a reforma da normativa de Costas proposta polo Goberno central a través da Lei de Cambio Climático "podería vulnerar as Directrices estratéxicas para o desenvolvemento sustentable da acuicultura da Unión Europea".

Nun comunicado, Millán Mon lembra que, segundo estas directrices, dous dos obstáculos ao crecemento da acuicultura son "a complexidade dos procedementos de autorización e a brevidade das concesións administrativas", e denuncia que a reforma proposta polo Goberno é "un exemplo desta inseguridade xurídica" que retarda o crecemento da acuicultura en Europa.

O eurodeputado galego subliña que o artigo 18.4 do Proxecto de Lei de Cambio Climático, actualmente en tramitación no Congreso dos Deputados, ameaza a viabilidade de moitas empresas instaladas na costa. "Só en Galicia, esta reforma obrigaría a ao redor de cen empresas dedicadas á acuicultura e outras actividades da cadea mar-industria a trasladarse a quilómetros do litoral ou a renovar as súas concesións por prazos inferiores a un ano", sinala.

A iniciativa parlamentaria lembra que, actualmente, "a produción acuícola da Unión só cobre o 10 % da demanda interna, e predominan as importacións de terceiros países, sobre todo asiáticos". "A pesar do seu potencial, a produción acuícola europea diminuíu nun 2% desde 2007", apostilou.

Por último, Millán Mon instou á Comisión a abordar co Goberno español no marco do Método Aberto de Coordinación (tamén chamado 'Semestre Europeo') a compatibilidade da súa proposta de reforma da normativa de Costas co obxectivo de alcanzar un desenvolvemento sustentable para a acuicultura na UE.

Europarlamento, o Parlamento Europeo en Bruxelas
Europarlamento, o Parlamento Europeo en Bruxelas

Temas: UE PP PESCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta