A eurodeputada Ana Miranda ve "inxustificable" que o Goberno non aposte por Galicia no Corredor Atlántico

Para a representante do BNG, a aposta do goberno estatal por outros territorios implica que se prive a Galicia de ferramentas e financiamento para impulsar un desenvolvemento económico sustentable.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, considerou "inxustificable" que o Goberno do Estado non aposte por incluír a Galicia no Corredor Atlántico de Redes Transeuropeas de Transporte, "do mesmo xeito que fixo o PP na lexislatura pasada".

"Lamentablemente asistimos a un novo capítulo da discriminación de Galicia, da que non se libra nin PSOE nin PP, xa que ningún dos dous apostaron por incluír ás cidades galegas nesta rede", destaca Miranda.

Para a representante do BNG, a aposta do goberno estatal por outros territorios implica que se prive a Galicia de ferramentas e financiamento para impulsar un desenvolvemento económico sustentable, así como da aposta por "os modelos de transportes sustentables na loita contra a emerxencia climática, que son parte dos criterios nos que trata de avanzar a UE".

Neste sentido, Miranda, que lembra que a inclusión de Galicia no Corredor Altántico é unha das "demandas históricas do BNG", apunta que, segundo a UE, no horizonte do 2030 os diferentes corredores deberían estar dotados con todos os servizos.

Ademais, lembra que tres das emendas presentadas no Parlamento Europeo para o período de financiamento 2014-2020 referíanse a a inclusión do porto de Vigo na rede nodal de portos europeos, a modernización da liña Vigo-O Porto e a inclusión de Galicia ao Corredor Atlántico de transporte de mercadorías por ferrocarril.

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, no Parlamento Europeo. © EUROPEAN UNION 2019 - SOURCE : EP / JAN VAN DE V / Europa Press
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, no Parlamento Europeo. © EUROPEAN UNION 2019 - SOURCE : EP / JAN VAN DE V / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Riolo

Qué ben se come e se vive en Bruxelas

3 Casimiro

Gamela comparte maneiras co Nostrus... Casualidades? Por certo, eu --que NON voto BNG-- entendo as razóns para rexeitar os orzamentos do PsoE-PcE, e Nestor Rego explícachas ben claras en https://www.nosdiario.gal/opinion/n... Tamén podes replicar, só que para facelo precisas argumentos e non anécdotas. Menos investimento para os galegos, escandalosos gastos militares, aumento da partida para a monarquía... Esquecendo a reforma laboral, reforzo da sanidade, levantar pensións mínimas... A esquerda plural e republicana era outra cousa!

1 Gamela

BNG ten un problema, chámase UPG ! se queres nome e apelidos o problema da GALIZA chámase Paco Rodríguez https://youtu.be/mhTFOe35BbU?t=3010 Pero algúns levades vendendo fume den 1964 e a maioría dos votantes nin siquera son conscientes do problema ! Vivir na eterna oposición é moi cómodo para algúns ! Galicia non pode seguir agardando Revolucións de Pandereta ! "Denantes mortos que escravos" (pero son outros os que dan a súa vida!)

2 gjeq

Pediu polo tren a Oporto e non polas altas prestacións a Lugo.

1 Gamela

Que raro que Miranda non teña ningunha palabra para os seus socios de Agora Repúblicas (?) Será que os orzamentos son máis xenerosos con Euskadi e Catalunya (por eso votan a favor) Será que os galegos poñemos os votos e os demáis levan os cartos e a representación institucional no Parlamento Europeo (?) Será que Nestor Rego anda a outras historias en Madrid (?)

1 Abel

Será que os 18 deputados de Galicia no congreso representados polo PP e Psoe prefiren asentir diante dos seus presidentes na vez de erguer a voz para reclamar algo ? que vai facer Nestor Rego se só está el de deputado?

2 Sentidiño

El será que as galegas NON poñemos os votos para que nos defendan, e votamos a procesión de caladiños do psoe, o pp, e aqueles seis mareantes...

3 nostrus

Deixádevos de lerias. O bloque non é unha ideoloxía política, tan só é unha secta chea de complexos e autoodio, con alucinacions, supersticions, mentireiro e manipulador. Si Galicia non ten mala fama é gracias a que o bloque ten pouco que rascar. O bloque supon para Galicia o mesmo que a Falange para España. Temos que tratar de avanzar entre todos e procurar que a tarta sexa mais grande para que toquemos a mais, e o bloque e resto de nazionalismos so saben tentar que a eles lle dean un cacho mais grande a costa de que os demais teñan menos. NaZionalismos NON, por favor.