Nova repunta de falecidos en Galicia con 10 máis

Catro dos mortos estaban vinculados a residencias e catro faleceron na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 20:59

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou nas últimas horas 10 falecidos máis con coronavirus, de forma que o total de vítimas desde o inicio da pandemia ascende ata 1.056.

Os 10 falecidos --todos contaban con patoloxías previas-- comunicados este venres pola Consellería de Sanidade supoñen unha repunta respecto dos sete notificados o xoves. Con todo están por baixo dos 21 do pasado luns, así como dos 15 tanto do martes como do mércores.

Catro destas 10 persoas estaba vinculadas con residencias: unha muller de 87 anos, falecida no CHUS de Santiago --procedía da residencia Santa Olalla de Boqueixón--; unha muller de 81 anos, no hospital do Salnés --procedía da DomusVi de Ribadumia--; un home de 83 anos, no Chuvi --procedía da residencia de Salvaterra de Miño--; e unha muller de 92 anos, na residencia Nosa Señora de Barbadás.

Por outra banda, no Chuac da Coruña faleceron tres homes de 56, 77 e 88 anos, así como unha muller de 84 anos. A lista de falecidos notificados este venres complétase cunha muller de 85 anos no hospital comarcal de Monforte de Lemos e unha muller de 83 anos no CHUF de Ferrol.

Un traballador sanitario no traslado dun paciente Covid
Un traballador sanitario no traslado dun paciente Covid | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta