Novos sanitarios contaxiados: detectados tres positivos no equipo covid de pneumoloxía do CHOP

Aínda se están investigando novos casos.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 13/11/2020 | Actualizada ás 21:44

Comparte esta noticia

Tres profesionais do equipo covid de pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) deron positivo en coronavirus.

Segundo informa a área sanitaria de Pontevedra, hai tres casos e polo menos un máis en corentena. Con todo, a unidade de prevención de riscos laborais "está cotexando" os casos á espera de coñecer a cifra final de persoas afectadas.

Do mesmo xeito que en anteriores brotes, actívase o protoco covid na área de Pontevedra, que se coordina cos servizos sanitarios.

Unidade do Hospital Montecelo de Pontevedra. XUNTA - Arquivo
Unidade do Hospital Montecelo de Pontevedra. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta