Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2020 | Actualizada ás 20:06
Un paciente renal crónico da área de Ferrol foi a semana pasada o primeiro en Galicia en contar con diálese peritoneal automatizada nos seus domicilios.
Segundo informa a Consellería de Sanidade nun comunicado, este sistema sistema telemonitorizado de tratamento sustitutivo renal permite aos pacientes tratarse en casa.
Os sanitarios poden facer un control diario de forma remota de aspectos claves da enfermidade. Actualmente, na área de Ferrol xa son dúas con este sistema.
"Os pacientes non se teñen que desprazar ao centro hospitalario, que neste momento é un factor importante; e o control é constante e diario", explica Mónica Cunha, enfermaría de Nefroloxía de Ferrol.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.