Naturgy regalará un ano de reparacións a profesionais da educación pero non baixará as facturas

A medida xa funcionaba para persoal sanitario, Corpos e Forzas de Seguridade entre outros.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/11/2020 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

Naturgy ofrecerá, sen custo, o servizo de reparación de avarías eléctricas e de gas, así como de reparación de electrodomésticos e gasodomésticos, aos máis de 55.000 profesionais da educación e persoal de centros docentes de Galicia, sexan ou non clientesde a compañía. Con todo, non ofrece rebaixas nas tarifas.

Esta iniciativa, activa desde o inicio de pandemia para o colectivo de persoal sanitario, Corpos e Forzas de Seguridade, membros da Unidade Militar de Emerxencias, Bombeiros e residencias da Terceira Idade, esténdese agora tamén a este colectivo "e alcanza a máis de 140.000 profesionais galegos".

A medida, que se estenderá ata outubro de 2021, pretende "agradecer a xenerosidade, dedicación e entrega destes colectivos durante a crise sanitaria", indica.

Ademais, precisa que se suma ao paquete de actuacións que a compañía puxo en marcha desde o inicio da crise sanitaria, "como o adiamento do pago das facturas a clientes domésticos, pemes e autónomos, así como o servizo gratuíto de atención médica mediante videollamada".

Edificio de Naturgy.. NATURGY - Arquivo
Edificio de Naturgy.. NATURGY - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Non só non baixa as tarifas senon que o prezo da electricidade subeu un 16% máis IVE ! Mirade o recibo da luz... e veredes como os negocios siguen medrando á nosa costa ! Eu estaría por apagar o machete da enerxía que sae de Galicia cara á meseta ! Ese sí sería un xeito de dicir basta ao expolio de Galicia !