A Deputación de Pontevedra destina oito millóns a mellorar vías e contratar brigadas

Son fondos do Plan Móvese 3.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2020 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou na súa reunión deste luns investimentos por oito millóns de euros. A presidenta da institución provincial, Carmela Silva, informou destes investimentos "para a cidadanía e os sectores produtivos" que "demostra unha enorme preocupación desta administración para garantir que os concellos teñan recursos".

"Hoxe síntome moi orgullosa deste Goberno e do conxunto dos funcionarios e do persoal desta Deputación", manifestou por este motivo Carmela Silva en rolda de prensa. O investimento máis importante é a dedicada ás estradas provinciais, sinalou. Por unha banda, o Plan Móvese 3 (Mobilidade e Velocidade Segura), que inclúe obras coas que se pretende mellorar a mobilidade con actuacións financiadas ao 100% pola institución provincial.

Esta terceira edición do Plan Móvese 2021-2022 está dotada con 2,7 millóns de euros, para 470 actuacións en 54 municipios. As obras da Deputación centraranse en materia de tráfico, apostando por unha redución efectiva da velocidade o que implica tamén unha diminución do número de accidentes.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Por outra banda, neste capítulo de infraestruturas, Carmela Silva tamén anunciou que este luns aprobaron "recursos para reforzar as brigadas propias que cobren todo o territorio", en total 3,2 millóns de euros. Concretamente este luns adxudicouse os contratos das zonas norte (por un millón e medio de euros) e centro (por 800.000 euros). "O lote da zona sur, que será adxudicado en breve, está dotado de 880.000 euros", avanzou a presidenta.

ANTICIPOS AOS CONCELLOS

Outra das novidades anunciada por Carmela Silva afecta ao ORAL, a oficina de xestión tributaria e catastral da Deputación de Pontevedra, xa que se implementaron "novos proxectos para que os concellos garantir as súas necesidades a través dos seus tributos".

Así se cambiou a xestión dos tributos cobrados parcialmente de modo que tamén poderán contar con eses recursos e ten xa catro millóns de euros "que poderán incorporar aos seus orzamentos".

Ademais, ponse a disposición dos concellos anticipos a conta por valor de 75 millóns de euros. O ano pasado foron 63 millóns. Carmela Silva lembrou que os concellos "necesitan recursos canto antes nun momento tan complicado". "Funcionamos moi ben e preocupámonos por garantir que os concellos teñan recursos", insistiu a mandataria socialista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta