Denuncian unha nova fichaxe de Jácome para o departamento de Prensa sen ter a titulación

O CPXG rexeita o nomeamento deste adscrito ao gabinete de prensa do Concello de Ourense sen titulación nin colexiación para exercer a profesión.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/11/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O pasado luns 9 de novembro, o Boletín Oficial da Provincia de Ourense recollía o nomeamento dun traballador eventual no posto de auxiliar político no Concello de Ourense. Para este posto, adscrito ao gabinete de prensa da institución municipal, era nomeada unha persoa sen titulación ningunha en comunicación ou xornalismo, nin tampouco colexiación que poida acreditar a súa adecuación ás características deste traballo.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nunha entrevista con Europa Press.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nunha entrevista con Europa Press.

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas rexeita este nomeamento. O seu decano, Francisco X. González Sarria, trasladou por carta ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o seu malestar por estes feitos. O CPXG defende que os postos de traballo de comunicación deben ser desempeñados sempre por xornalistas, unha circunstancia que non se está a cumprir con este nomeamento.

Así mesmo, e en cumprimento do mandato de defender a profesión e garantir a independencia e liberdade informativa, o Colexio de Xornalistas suxírelle ao Concello de Ourense que as necesidades en materia de comunicación que teña a institución sexan incorporadas á Relación de Postos de Traballo e debidamente dotadas orzamentariamente, con categorías relacionadas coa comunicación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Lois

Comisarios políticos, perdón xefes dos gabinetes de comunicación, dos partidos, empresas e instituciones galegas, habelos hainos xornalistas e non xornalistas. Os rastreiros e os intrusos tócanse.

2 Gamela

Levamos un mes ou máis agardando ver unha nota do Colexio de Xornalistas condeando a celebración a porta pechada dos Plenos en Vigo ! E mesmo rexeitando un artigo do Regulamento do Pleno (dende hai xa 9 anos) que dí o seguinte: https://twitter.com/00Gamela/status... O Colexio de Xornalistas nin siquera considerou "oportuno" facer un RT (lástima de bois) !

1 CastelaoPaSogama

El periodismo no es una profesión con un único título habilitante. Lo otro es corporativismo.

1 pos

Outro xustificando o enchufismo, vaia país. Estuda e exerce. Ou vas aos médicos que non teñen título habilitante? ¿Y tú me lo preguntas? corporativismo eres tú