Máis de 4.500 profesores e técnicos de FP, pendentes da integración no corpo de secundaria que prevé a LOMLOE

A CIG lembra que esta medida, unha "vella demanda", abordarase o xoves no Congreso

Por E.P. | Compsotela | 17/11/2020 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

A integración do profesorado de FP no corpo de secundaria, a un paso de alcanzarse. Esta "vella demanda" do colectivo de docentes e técnicos destes ensinos está incluída no texto actual da LOMLOE, que seguirá o trámite parlamentario este xoves no Congreso.

Segundo indica a CIG-Ensino, Galicia conta con máis de 4.500 profesores e técnicos de FP pendentes desta integración, e o sindicado reivindicou que o proceso siga adiante para que "non se deixe a ninguén atrás" coa aspiración de alcanzar "un corpo único docente".

En todo caso, e a pesar das súas críticas por non incluír a outros grupos nesta iniciativa, o sindicato mantén a súa defensa histórica dun corpo único docente, unha das propostas que trasladaron durante a negociación da nova lei.  A CIG instou a aclarar a situación na que queda o profesorado, tanto o que teña titulación no momento da súa aprobación como o que non.

Neste sentido, advirte de que coa obtención deste título debería valer sen ter que presentarse a probas a maiores, ademais de apostar por un período transitorio para aqueles que carezan dela e poidan acceder no seu momento.

Alumnos dun centro de FP. IREKIA - ARQUIVO
Alumnos dun centro de FP. IREKIA - ARQUIVO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta