Ferido un operario que sufriu unha descarga eléctrica nunha nave industrial en Bergondo

Outro trabajdor caeu dunha altura duns seis metros cando traballaba nunha estada nas proximidades da Praia de Fuchiños, en Vigo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2020 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

Un traballador dunha nave industrial situada no polígono de Bergondo resultou ferido este mércores ao sufrir unha descarga eléctrica e caer ao chan. Tras o accidente, foi trasladado nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido ás 11,30 horas, cando recibiu o aviso dun particular. O servizo de emerxencias requiriu a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil e Policía Local e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

ACCIDENTE LABORAL EN VIGO

Por outra banda, o 112 Galicia recibiu, uns trinta minutos antes, a alerta doutro accidente laboral, neste caso en Vigo. Segundo puido saber o 112, un operario caeu dunha altura duns seis metros cando traballaba nunha estada nas proximidades da Praia de Fuchiños.

O 112 deu aviso a efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e Nacional e de Protección Civil.

Nave Industrial. EUROPA PRESS - Arquivo
Nave Industrial. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta