Lea na Deputación de Pontevedra co PP a conta de ver quen "cobra máis"

O goberno da Deputación de Pontevedra ratificou a retirada do incremento salarial.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/11/2020 | Actualizada ás 17:08

Comparte esta noticia

O goberno da Deputación de Pontevedra ratificou este mércores que retirará das bases do orzamento para o próximo exercicio de 2021 o parágrafo no que aparece que as retribucións da corporación "variarán en función do que determinen os Orzamentos Xerais do Estado", o que se traducía, afirma, nun incremento salarial do 0,9%.

Así o comunicou, segundo traslada a institución provincial nun comunicado, o deputado Carlos Font, quen acusou ao PP de tratar de impulsar "un debate amarillista" e incidiu en que a subida .

O deputado provincial lamentou que aos populares "lles vale todo" e, tras a "catarata de descualificacións e insultos baseados en mentiras" que atribúe á formación, instou ao grupo popular a explicar á sociedade "como é posible que deputados como Alfonso Marnotes e outros cobren máis que a propia presidenta da Deputación", Carmela Silva.

"Ou como é posible que un deputado que é alcalde dun concello de menos de 6.000 habitantes teña unhas retribucións de máis de 70.000 euros. Diso non falan?", preguntouse, para engadir que é "escandaloso" que un partido "con dirixentes que están no cárcere por roubar diñeiro público se atreva a falar disto no canto de estar escondidos na casa".

AUMENTO "CERO"

Font acusou aos populares de "mentir sen pudor" e esgrimiu que o informe de Persoal, que figura na documentación dos orzamentos e que foi elaborado polo interventor, o Secretario e a Xefa do Servizo de Recursos Humanos, "reflicte con total claridade que o aumento salarial da corporación en 2021 con respecto a 2020 é cero".

"O único que aparecía nas bases de execución do orzamento era que estas retribucións experimentarán a mesma variación que a que determine, no seu momento, a lei dos orzamentos estatais do próximo exercicio para os empregados públicos. E ese é o parágrafo que desaparecerá agora das bases do orzamento", asegurou.

Finalmente, lamentou que os populares non acheguen "ideas" para contribuír á "transformación" da provincia e que "só teñan por obxectivo seguir na confrontación permanente co goberno provincial, incluso atrevéndose a mentir".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta