GC Aberto

Reseteo neoliberal ou Decrecemento

Por admin | GCAberto | 19/11/2020

Comparte esta noticia

Estamos vivindo un tempo onde a visión colectiva dos aconteceres cambia en semanas, cando non en días e vivimos un momento político onde a esquerda institucional se atopa perdida e, o que é peor, con actitudes profundamente colaboracionista co que é, ao meu entender, o gran reseteo neoliberal ao que se está sometendo a sociedade.

Veciños de Ourense camiñan por unha das rúas do barrio do Couto.. Rosa Veiga - Europa Press
Veciños de Ourense camiñan por unha das rúas do barrio do Couto.. Rosa Veiga - Europa Press

Dicirse de esquerda sempre viu acompañado da defensa dos dereitos civís, mais estamos vivindo tempos onde os dereitos civís non só non tidos en conta. Defender os mesmos é motivo de satanización política. Ser crítico coas medidas do goberno central que é no que se debería centrar o debate (se non existe para situación como actual, para que está?) trae aparellado a acusación de ser defensor de posturas da extrema dereita. Ten está actitude dúas intencións a primeira sinalar a disidencia como tración; sen sequera abrir o debate e, a segunda, negar e ocultar unha visión crítica coas decisións político-sanitarias apoiadas por toda a esquerda institucional. A ocultación ten a intencionalidade de impedir que o descontento poida dar lugar a algunha posibilidade de articular opcións de esquerda-alternativa que poidan competir no político-electoral cos partidos da esquerda institucional. Única preocupación da esquerda sistémica. Nesta xogada de afogar e negar a existencia de visións alternativas nacidas desde a base social de esquerda coinciden case toda a representación institucional do estado. Prefiren os partidos e medios de comunicación sistémicos o medre e a capitalización do descontento por parte de VOX que dar cabida ao discurso do Decrecemento e do anarquismo. Por poñer dous exemplos.

Vivimos tempos de grandes mentiras, de infantilización da sociedade e de reforzamento da

“relixión global”. Mentiras e ocultacións que tenden a tratar está pandemia como un mal aparecido nas nosas vidas de xeito fortuíto (noutros tempos sería considerado un castigo divino) e non como unha consecuencia do modelo económico e de depredación da natureza imperante a nivel mundial. Mentiras que buscan negar as advertencias de que algo igual ou peor podía pasar. Ocultacións como que recentemente apareceu unha mutación do SAR-COV2 en granxas intensivas (unha vez máis) de visóns que xa saltou e se propaga entre as persoas e que pode dar ao traste con todo o traballo mundial por conseguir unha vacina. Infantilización da sociedade que busca o seu control interesado para impoñer medidas de recorte, suspensión e eliminación de dereitos civís e, como non, de medidas políticas e económicas para favorecer a acumulación de riqueza. Que en plena auxe da pandemia e das restricións sociais e co silencio xeneralizado de todo o arco parlamentario do estado se estean aprobando plans de reactivación da economía, non buscando outra cousa que favorecer grandes empresas que terán segundo os gobernantes a “finalidade de funcionar como tractoras da reactivación económica” – práctica interesada para favorecer a acumulación de riqueza-. Mentras aproban unha nova axuda e financiación dos grandes, os pequenos e os cidadáns estamos intentando salvar as nosas vidas, os nosos empregos, superar o medo e sobre-levar o recorte dos dereitos civís. Sen dúbida os planos de reactivación da economía que queren aplicar son un claro exemplo das medidas ecofascistas que nos están impoñendo desde estado neoliberal gobernado pola esquerda sistémica. Endebedar o estado para engordar as grandes empresas sendo as persoas as que sofren e a vez as que van ter que devolver o endebedamento é sen dubida unha medida de corte fascista .

Que nos tiveran vendido a mentira que está pandemia se ía superar con 15-30 días de confinamento domiciliario e non que viña para estar con nós moito tempo ou para ficar para sempre fixo que a sociedade aceitase a premisa de que as restricións canto mais duras mellor.

Despois de todo 15-30 días sen saír da case -co exercito metralleta en man tomando as rúas- é para a inmensa maioría das persoas mellor que a morte e incluso mellor que esta situación de renuncia a humanidade a que nos vemos sometidas. E digo renuncia a humanidade por que as persoas somos persoas por obra e grazas da socialización. É tan forte a dependencia que como especie temos da necesidade de socializar que sen a colectividade non teriamos chegado ao que somos. É desta aceptación da nosa realidade de especie dependente das relacións no social, da defensa dos dereitos civís unido a necesidade de realización de actividades económicas - definidas como traballo- para poder comer (nada que ver co discurso na defensa da macroeconomía) de onde nace a visión crítica que moitos e moitas temos das medidas que o estado neoliberal esta tomando na contra das nosas vidas.

Mais o neoliberalismo, di que todo se vai solucionar coa súa relixión de modernidade e progreso e que imos ter unha vacina que nos vai liberar da peste. Esquecen os defensores da nova relixión asumir a culpa, se non do nacemento do SAR COV2, cando menos do seu

espallamento por todo o planeta. Somos case 8.000 millóns de persoas. Nunca tantos humanos xuntos habitaron a terra e estamos a pasar por un dos momentos mais vulnerables que vivimos, como especie, na nosa historia. O que sucede nunha pequena comunidade estendese a toda a especie do planeta da man dun dos elementos vertebradores da “relixión do progreso e da modernidade”. A globalización da economía. A globalización pon en perigo a toda a especie convertendo o que debería ser unha epidemia (rexional) nunha pandemia global.

O progreso tamén mudou a nosa visión de vulnerabilidade individual e a nosa capacidade para aceitar a nosa interdependencia (necesidade do social) e a nosa dependencia do medio natural. A mentalidade nacida ao abeiro da relixión do progreso e da modernidade pasa por non aceitar a morte, por non asumir a nosa insignificancia en termos globais. As nosas caídas e tropezos, segundo a relixión global, son cousa de que aínda non progresamos o suficiente para sermos capaces de vencer as leis físicas e naturais. Cando o progreso e a modernidade sexan o suficientemente elevadas imos colonizar afastados planetas e vencer a morte. Mais a realidade é que está mentalidade baseada en non aceitar os límites físicos do planeta ao único que nos leva é a permitir as prácticas que asasinan o noso planeta coa destrución dos territorios e o sometemento e manipulación das plantas, animais, persoas, .... A relixión global non busca levarnos ao paraíso senón que busca permitir a acumulación de riqueza a gran escala (dígase capitalismo neoliberal). A negación da nosa fraxilidade como individuos e especie lévanos a negar a morte, e negar a morte lévanos a entender a vida simplemente como vida biolóxica e non como a vida social da que tanto precisamos para seguir sendo humanos. Negar a morte, non aceitar a mesma produce sufrimento individual e colectivo, non nos libra da mesma e pode levarnos -estanos levando- aceitar medidas que atentan contra os nosos dereitos fundamentais sen reflexionar, sen debater, se poñer límites.

En termos económicos hai tempo que estamos instalados no modelo: ou medrar ou morrer.

Tamén é sabido que as crises son aproveitadas polo capital para aplicar medidas económicas e políticas que favorezan a acumulación de riqueza. As medidas dos gobernos neoliberais diante da COVID19 xiran, no económico, ao redor da práctica antes citada. A reconversión encuberta do sector hostaleiro (demandada por certo en múltiples ocasións polos homes de negro da UE e do FMI) vai producir non só perda de milleiros de postos de traballo, senón que vai supor, tamén, unha reorientación do consumo cara as grandes distribuidoras de alimentos como Mercadona, Carrefour, Gadisa, ... -as grandes beneficiadas da maioría das medidas do goberno- que ollan como o consumo na hostalaría pasa a ser consumo nos fogares. A vez que se está reorientando o consumo tamén se esta reconstruíndo a sociedade para que a clase traballadora precise de menos salario e menos tempo libre (xornadas máis longas) para levar un modo de vida de tipo normal. O modo de vida que nos dará dereitos de escravos: da casa ao traballo, do traballo ao súper (por comida lixo) e do súper a casa. E se enfermas chamada de teléfono para conseguir saber o produto da multinacional farmacéutica que terás que comprar, se o teu salario cada vez mais baixo o permite. Todo ilo sen dereito a unha xubilación digna.

Produce inquedanza e gran desasosego a censura actual que estamos vivindo. Esta é difícil de combater e mesmo de visualizar ao non estar baseada en prohibir, senón en negar a existencia. Unha páxina web, unha revista, un xornal semanal das voces alternativas teñen menos importancia que un comentario de bar da década dos 70-80. E tanto o ruído que non se pode oír nada. Estamos vivindo tempos de profundos cambios, convulsos e confusos e en situacións así impedir os debates, negar as alternativas, buscar a confusión, funcionan como medidas censoras. Son sen dúbida estás prácticas e comportamentos censores inadmisibles e son, sobre todo, colaboracionistas co medre do fascismo, por moi de esquerda e moi comunista que un diga ser. A sociedade galega e a sociedade de todo o Estado está inmersa na perda dos referentes nos que se sustentas as sociedades industriais. Á crise do 2008, séguelle a crise da COVID19 e a da COVID19 seguiralle outra. O momento histórico e de crises de crises, de cambio de paradigma cando non de colapso. Un colapso social e económico que no Estado Español ven acompañado polo colapso do estado por problemas territoriais e históricos. O colapso actual ven marcado pola falta de referentes alternativos porque de existir unha alternativa maioritaria poderiamos falar de revolución.

Nesta situación de censura, de falta de búsula político-social poucas análises e alternativas poden seguir tendo actualidade despois da crise do 2008 e da actual pandemia. As análises e propostas nacidas desde o Decrecemento, son a excepción. Son a día de hoxe a única regaña do sistema pola que entra algo de luz o demais e colaboracionismo coa aplicación de políticas neoliberais cando non co medre do fascismo. Compre seguir traballando e non desfalecer porque nos xogamos a liberdade e a vida.

Miguel Anxo Abraira Sobrado

Presidente da asociación Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo

Portavoz nacional de LiGanDo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta