Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/11/2020 | Actualizada ás 20:44
As autoridades sanitarias galegas notificaron este xoves o falecemento doutras 12 persoas diagnosticadas con covid-19, o que eleva o cómputo de vítimas mortais na Comunidade a 1.119. Un número elevado que é moi semellante aos 15 falecidos do mércores
Dos 12 falecidos comunicados nesta xornada, dous morreron en residencias. Trátase dun home de 83 anos e unha muller de 92 anos falecidos na Residencia Ballesol de Vigo.
Así mesmo, faleceleron no Complexo Hospitalario de Ourense ( Chuo) tres homes de 67,75,85 e 86 anos, respectivamente. Ademais, no Complexo Hospitalario de Ferrol faleceu un home de 86 anos e dous de 76 e 86 anos no Chus, de Santiago. Outra muller de 96 anos morreu no Hospital de Pontevedra e outra de 91 no Chuvi.Todos eles tiñan patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.