Ferida unha muller polo ataque de dous cans nunha praia de Poio

A muller tivo que ser trasladada a un centro médico polas feridas recibidas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2020 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida este xoves ao ser atacada por dous cans nas proximidades da praia de Lourido, no municipio pontevedrés de Poio.

American Bully, considerado como can perigoso e que ten que ter microchip
American Bully, considerado como can perigoso e que ten que ter microchip | Fonte: Dogmal

Esta muller, de 45 anos, necesitou ser trasladada a un centro de Atención Primaria de Pontevedra por unha ambulancia para que lle tratasen as feridas no brazo, tal e como indican a Europa Press fontes do 061.

Ademais, segundo confirman fontes da Garda Civil, os dous cans implicados no ataque non constaban nos rexistros como de raza perigosa e, por agora, a vítima non presentou denuncia.

Segundo informa o 112, ocorreu pola noite e foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para alertar dos feitos. Ao parecer, os dous animais estaban soltos polo areal e atacaron tanto a esta muller como ao seu can.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta